Andrew Burnett
Andrew Burnett (esquerda) en 2011
Datos persoais
Nacemento23 de maio de 1952
LugarReino Unido Reino Unido
NacionalidadeBritánica
Actividade
CampoNumismática e museística.
Alma máter- Universidade de Oxford
- Museo Británico
Contribucións e premios
Coñecido por- Estudos de moeda da Antiga Roma.
- Dirección do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Premios- (1978-1987-1991): Premio Lhotka.
- (1993) Medalla da Royal Numismatic Society.
- (2006): Premio Ya’akov Meshorer (Museo de Israel).
- (2007) Medalla Huntington (ANS.
- (2012): Comendador da Orde do Imperio Británico.
- (2016): Membro honorífico da SRNB
- (2020): Premio Derek Allen (BA).
editar datos en Wikidata ]

Andrew Michael Burnett, nado o 23 de maio de 1952, é un numismático e conservador museístico británico especializado na moeda da Antiga Roma.[1][2]

Burnett graduouse na Universidade de Oxford e formouse tamén no Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Londres.[3]

Burnett dirixiu o Museo Británico desde 2003 ata 2013, e anteriormente fora conservador do Departamento de Moedas e Medallas desta institución entre 1992 e 2003.[1]

En 2013 foi elixido presidente da Real Sociedade de Numismática, de Londres, cargo que ocupou ata 2018.[4]

Recoñecementos

O 6 de maio de 1982, Burnett foi elixido membro da prestixiosa Sociedade de Anticuarios de Londres e un ano máis tarde, en 2003, da Academia Británica, que é a academia do Reino Unido para as humanidades e as ciencias sociais.[1][3][5]

En 2012 recibiu o nomeamento como Comendador da Orde do Imperio Británico "polos seus servizos ao Museo Británico e á numismática".[6]

En 2006 outorgóuselle o premio Ya’akov Meshorer, do Museo de Israel, en Xerusalén.[7]

En 1993 recibiu a medalla da Royal Numismatic Society.[8] Desa mesma entidade xa recibira o premio Lhotka nas edicións de 1978, 1987 e 1991.[9]

En 2020 foi galardoado co premio Derek Allen, da Academia Británica, "pola súa salientable contribución ao desenvolvemento do estudo das cuñaxes do Imperio Romano e unha carreira de servizo público".[10]

Burnett é profesor honorario de arqueoloxía da universidade pública londiniense University College London.

En 2016 foi elixido membro honorífico da Real Sociedade Numismática de Bélxica, con ocasión do 175 aniversario da institución.[11]

Na súa honra publicouse ademais un Festschrift académico en 2015, que foi editado por Roger Bland e Dario Calomino co título de Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett.[12][13]

Publicacións numismáticas

Roman Provincial Coinage

Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia, e do que foi editor xeral. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[14][15]

Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Burnett:[16]

Coin Hoards from Roman Britain

Andrew Burnett foi tamén autor e editor dalgúns volumes da serie Coin Hoards from Roman Britain, publicada polo Museo Británico, na que se catalogan e se analizan os achados de moedas romanas nas Illas británicas. Estes son os volumes da serie que contaron coa súa participación:

Outras obras

Ademais dun bo número de artigos publicados fundamentalmente en revistas do ámbito numismático, Burnett é autor de diversas monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:[17][18][19]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dr Andrew Burnett FBA. Numismatics Greek and Roman Numismatics". The British Academy.
  2. "Dr Andrew Burnett FBA CBE". Gresham College.
  3. 3,0 3,1 "Dr Andrew Burnett CBE FBA Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Royal Armouries.
  4. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  5. "About the fellowship Arquivado 15 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Society of Antiquaries of London.
  6. The London Gazette. Suplemento 60009. Páxina 7. 31 de decembro de 2011.
  7. "The Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem.
  8. "The Society’s Medal". Na web de The Royal Numismatic Society.
  9. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  10. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  11. "Membres honoraires – Honoraire leden (1/12/2017)". Socieété Royale de Numismatique de Belgique.
  12. Bland, R.; Calomino, D. (eds.). Studies in ancient coinage in honour of Andrew Burnett. Spink & Son. Londres. ISBN 978-1907427572
  13. Kampmann, U. "Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett". En Coins Week. 5 de novembro de 2015.
  14. "Team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
  15. "Project". Roman Provincial Coinage Online.
  16. "Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
  17. "Burnett, Andrew Michael Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
  18. "Burnett, Andrew". En WorldCat.
  19. "Andrew Burnett". En Dialnet.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Nicholas Mayhew

Presidente da Royal Numismatic Society

2013 - 2018
Sucesor:
Roger Bland