Ursula Kampmann na conferencia internacional Translatio Nummorum, en 2011 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 Múnic, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | - Universidade de Múnic. - Universidade do Sarre. |
Coñecido por | Comercio e xornalismo numismático. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía |
Ocupación | historiadora , xornalista de opinión , numismático |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
- (2002): Premio Vreneli. - (2003): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG). - (2012): Premio Otto Paul Wenger. - (2015): Premio Burnett Anderson Memorial. |
Ursula Maria Kampmann, nada o 20 de xuño de 1964 en Múnic, Baviera, é unha numismática, historiadora e xornalista alemá.[1]
Ursula Kampmann estudou Historia Antiga, Historia Medieval e Arqueoloxía do Oriente Próximo na Universidade de Múnic e na Universidade do Sarre, cun enfoque especial na numismática antiga. En 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Die Homonoia-Verbindungen von Pergamon ("As conexións da homonoia en Pérgamo").[1]
Paralelamente á súa formación académica, Kampmann traballou no comercio numismático, nunha primeira etapa entre 1987 e 1990 na compañía Giessener Münzhandlung, de Múnic, e posteriormente de 1992 a 2001 na suíza Münzen und Medaillen AG.[1]
Durante ese período de traballo no comercio numismático comezou a dedicarse ao xornalismo especializado neste sector. A partir de 1996, os seus artigos publicáronse fundamentalmente na revista MünzenRevue, da que é editora xefa desde 2002, e tamén noutras de diferentes países e traducidos a varios idiomas.[1]
Entre 2001 e 2005 traballou na Axencia Internacional para a Supresión da Falsificación de Moedas (IBSCC), da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (IAPN), o que a levou a prublicar unha serie de artigos sobre a falsificación de moeda.[1]
Ursula Kampmann é, ademais, a fundadora dunha revista numismática internacional en liña que ten unha versión en inglés, chamada Coins Weekly, e outra en alemán, Münzen Woche.[1]
No seu aspecto como divulgadora numismática imparte conferencias dirixidas tanto a profesionais como a afeccionados, e os seus traballos, á parte dos libros, inclúen tamén programas de radio, producións videográficas e organización de exposicións, como a titulada "A xente de Zürich e o diñeiro" (Die Zürcher und ihr Geld), a dos Museos Estatais de Suíza levada a cabo no Museo Bärengasse, ou a da Casa da Moeda de Berlín titulada KleinGeld ("moeda miúda").[1]
Ursula Kampmann é membro de American Numismatic Society.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ursula Kampmann |