Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 |
Morte | 2020 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Coñecido por | Estudos da moeda da Antiga Grecia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Lingua | Lingua sueca |
Familia | |
Cónxuxe | Per Westermark |
Premios | |
- (1995) Premio da GIG. - (1997): Medalla Gunnar Holst. - (1997): Medalla Huntington (ANS). - (2001): Medalla da RNS. |
Ulla Westermark, nada o 30 de marzo de 1927 e finada en 2020, foi unha numismática sueca.[1]
Na Suecia do período posterior á II guerra mundial, Westermark comezou a traballar, entre 1954 e 1963 no Gabinete Real de Moedas de Estocolmo (Kungliga myntkabinettet), e xa era profesora na Universidade de Estocolmo desde 1952.[1]
Nese período na universidade, tomou contacto co numismático alemán Willy Schwabacher, especialista en moeda da Antiga Grecia, de quen tomou o seu interese pola numismática.[1]
En 1961 Westermark acadou o seu doutoramento cunha tese en alemán que se considera unha referencia para o estudo das moedas de Pérgamo: Das Bildnis des Philetairos von Pergamon. Corpus der Münzprägung ("O retrato de Filetero de Pérgamo. Corpus das cuñaxes").[1][2]
A súa vinculación co Gabinete Real de Moedas foi moi duradeira, e entre 1979 e 1983, ao final da súa carreira profesional, chegou a ser a directora da institución. Nese período foi cando publicou unha das monografías máis salientables, titulada The Coinage of Kamaria, escrita xunto a G. K. Jenkins e publicada en 1980 pola Royal Numismatic Society.[1]
Mesmo na época do seu retiro, entre 1986 e 1996, foi a coordinadora da obra monumental Sylloge Nummorum Graecorum e traballou na elaboración dun corpus de moedas promovido pola Sociedade Numismática Sueca.[1]
En 2002, Harald Nilsson editou un libro homenaxe a Ulla Westermark con motivo do seu 75 aniversario, no que colaboraron 47 numismáticos especialistas na moeda da Antiga Grecia.[1]
Tamén foi recoñecida como membro honorario do Consello Internacional de Numismática e da Royal Numismatic Society, e como membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca (1967).[3] Pola súa banda, a Universidade de Estocolmo outorgoulle un doutoramento honorario en 1988.[1]
Estas son algúns dos traballos monográficos máis salientables publicados durante a carreira académica de Ulla Westermark:[8][9]