Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1952 Tirana, Albania |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Albanesa |
Educación | Universidade de Tirana |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | arqueóloga |
Lingua | Lingua albanesa e lingua italiana |
Premios | |
2020: Jeton de Vermeil (SFN). | |
Shpresa Gjongecaj Vangjeli, nada o 6 de febreiro de 1952 en Tirana, é unha arqueóloga e numismática albanesa.[1]
Shpresa Gjongecaj ingresou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Tirana en 1969 e graduouse en Linguas clásicas (latín e grego antigo) en 1973. Posteriormente recibiu formación de especialización en numismática con Olivier Picard na Sorbona (París IV) e na Escola Francesa de Atenas, con Michel Amandry no Gabinete de Medallas de París e con Giovani Gorini na Universidade de Padua, entre outras institucións académicas. En 1983 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada "Moedas de cidades ilirias", baixo a dirección de Selim Islami.[1]
Desde 1974 está vinculada profesionalmente ao Instituto Arqueolóxico Albanés. Entre 1999 e 2007 foi a xefa do seu Departamento de Antigüidades, e de 2008 a 2013 exerceu o cargo de directora da institución.[1][2]
Gjongecaj é tamén profesora de numismática na Universidade de Tirana e participou en diversas expedicións arqueolóxicas.[1]
Entre outros encontros internacionais, cómpre salientar a súa participación nos Congresos Internacionais de Numismática de Bruxelas (1991) e de Berlín (1997), organizados polo Consello Internacional de Numismática.[1]
Esta é unha escolma da prodicón bibliográfica de Shpresa Gjongecaj ao longo da súa traxectoria:[4][5][6][7]