Infotaula de personaPercy H. Webb
Biografía
Nacemento1856.
Morte4 de marzo de 1937 (81 anos).
Walton-on-Thames.
Surrey
Inglaterra.
16º Presidente da Real Sociedade Numismática
1936 – 1937
← George MacDonaldEdward Allen Sydenham →
14º Presidente da Real Sociedade Numismática
1930 – 1935
← Charles OmanGeorge MacDonald → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Coñecido porEstudos de numismática imperial romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónavogado , numismático , coleccionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
1921: Medalla da RNS.

Percy Henry Webb, nado en Hampshire en 1856 e finado en Walton-on-Thames, Surrey o 4 de marzo de 1937, foi un numismático británico especializado na moeda do Imperio Romano.

Foi presidente da Royal Numismatic Society, entidade á que estivo vinculado desde 1901 ata a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Percy H. Webb procedía dunha familia con varias xeracións de arqueólogos e arquitectos. Educouse en Malborough e posteriormente graduouse en Dereito. Exerceu como avogado no distrito londiniense de Smithfield durante máis de cinco décadas.[1][2]

Web foi desde a súa xuventude un coleccionista de moedas do Imperio Romano e un estudoso da moeda desta época, sinaladamente das cuñaxes do século II. O seu traballo principal foi o tomo V da obra The Roman Imperial Coinage, publicada en dous volumes en 1927 e 1933, con Harold Mattingly e Edward Sydenham como coeditores.[3][4][5]

A súa traxectoria como numismático estivo moi vinculada á Royal Numismatic Society, de Londres, na que ingresou en 1901. Nesta sociedade accedeu ao cargo de tesoureiro en 1906 e ocupou a súa presidencia en dous períodos: 1930-1935 e 1936-1937.[2][3][5][6]

Webb foi un destacado colaborador no Congreso Internacional de Numismática que tivo lugar en Londres en 1936, organizado pola Royal Numismatic Society.[5][7][8]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Webb foi tamén un colaborador activo da Sociedade Arqueolóxica de Surrey, de cuxo consello directivo formou parte,[9] e da Sociedade Arqueolóxiva de Sussex.[1]

Percy H. Webb faleceu o 4 de marzo de 1937 na súa residencia, The Garden, en Walton-on-Thames, Surrey, aos 81 anos.[1][10]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Honras

[editar | editar a fonte]

Durante a primeira guerra mundial, Webb traballou para prestar axuda legal aos refuxiados belgas, o que lle valeu a concesión da medalla do rei Alberte de Bélxica.[2][7]

Por outros méritos na guerra foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico e recibiu o recoñecemento do Goberno de Nova Zelandia.[2][7]

Premios

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Ademais do seu traballo monográfico no que cataloga a moeda imperial romana entre Valeriano (253-260) e o rebelde galo Amando (finais do século III), weber publicou en Numismatic Chronicle diversos artigos acerca da numismática dese período, dos que aquí se recollen os máis salientables:[12][13]

Monografías

[editar | editar a fonte]

Artigos en Numismatic Chronicle

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 NC (1937). Páxina 21.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Percy H Webb". The British Museum.
  3. 3,0 3,1 NC (1937). Páxina 22.
  4. Véxase "Publicacións".
  5. 5,0 5,1 5,2 Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). Páxinas 27, 30, 33, 35, 74..
  6. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  7. 7,0 7,1 7,2 NC (1937). Páxina 23.
  8. Allan, J.; Mattingly, H.; Robinson, E. (1938). Transactions of the International Numismatic Congress: organized and held in London by the Royal Numismatic Society, June 30-July 3, 1936, on the occasion of its centenary. B. Quaritch Ltd. Londres.
  9. "Surrey Archaeological Society: Council". En Surrey archaeological collections. Vol. 34 (1924). Páxina XIV.
  10. Comunicación do seu falecemento: The London Gazette. 2 de xullo de 1937. Páxina 4.294.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Webb, Percy H. 1856-1937". WorldCat Identities.
  13. "Webb, Percy Henry 1856-1937 Arquivado 24 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  14. Ficha do libro: Worldcat.org
  15. Ficha do libro: Worldcat.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Charles Oman
George MacDonald

Presidente da Royal Numismatic Society

1930-1935
1936-1937
Sucesor:
George MacDonald
Edward Allen Sydenham