Infotaula de personaVictor Tourneur
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1878
Verviers, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1967 (88 anos)
Boitsfort.
Bruxelas-Capital.
Bélxica Bélxica.
Q105870704 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBelga.
Educación Universidade de Liexa.
Coñecido porEstudos celtas e numismática belga.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , bibliotecario , historiador , antropólogo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Godefroid Kurth.
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMariette Nicodème Tourneur (1926).
Premios
- (1937): Medalla da (RNS).
- (1935): Jeton de Vermeil (SNF).

BNE: XX1455636

Victor Raphaël François Joseph Tourneur, nado o 27 de xuño de 1878 en Verviers, Liexa, e finado o 25 de febreiro de 1967 en Boitsfort, Bruxelas-Capital, foi un numismático, historiador, bibliógrafo, bibliotecario e etnólogo belga especializado na cultura celta.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Victor Tourneur comezou a educación secundaria no Athénée royal de Verviers en 1885, onde tivo como profesor o seu propio pai e outros eruditos como Jules Feller. Alí graduouse en 1896.[4]

Posteriormente estudou na Universidade de Liexa entre 1896 e 1900, con profesores como Godefroid Kurth, e nela acadou o doutoramento en Filoloxía Clásica.[5] A partir de 1901 afondou nos coñecementos de filoloxía céltica en centros de ensino superior de Alemaña e de Francia.[4][6]

En 1903 ingresou na Bibliothèque royale, en Bruxelas, onde desenvolveu diversos labores, entre eles o de conservador adxunto do Gabinete Numismático da Biblioteca Real de Bélxica, en 1911, ata acceder ao posto de conservador en 1919.[4][5][7] Entre 1929 e 1943 exerceu como conservador xefe da Biblioteca Real de Bélxica.[8][9]

Paralelamente ao seu traballo no Gabinete, en 1920 comezou a impartir cursos de Numismática no Instituto de Altos Estudos de Bélxica, en Bruxelas, o cal, logo da primeira guerra mundial foi incorporado á Universidade Libre de Bruxelas.[5] A partir de 1931 accedeu á praza de catedrático de Numismática e Historia da Moeda nesa universidade, na que foi sucedido en 1948 por Philip Grierson.[8][9][10]

En 1938 impartiu tamén un curso no Gollège de France, cuxos contidos foron publicados en 1940 nunha separata da Revue belgue de numismatique.[7][8][9][11]

En 1908 entrou a formar parte da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, da que se converteu en secretario en 1912 e finalmente en presidente, entre os anos 1925 e 1949.[5] No período 1919-1955 foi ademais editor e codirecrtor da súa publicación periódica, Revue belgue de numismatique et de sigillografie.[8][9]

Tourneur foi elixido membro da Academia Real de Ciencias, Letras e Belas Artes en 1944, da que xa era membro correspondente desde 1939, e en 1948 foi nomeado secretario perpetuo.[3][8][12]

Entre 1933 e 1952 foi presidente da Comisión Internacional de Numismática.[8]

No ámbito familiar, Victor Tourneur casou en 1926 con Mariette Nicomède Tourneur, sixilógrafa vinculada ao Arquivo Real de Bélxica, coa que colaborou no seu labor docente. Tiveron unha filla, chamada Marie.[5][13]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Tourneur foi un autor prolífico. Os seus estudos e as súas publicacións acerca das orixes e da civilización dos pobos celtas producíronse unicamente na primeira década do século XX, en tanto que os relativos a asuntos numismáticos, moito máis abundantes, estendéronse ao longo de toda a súa carreira. En total, a súa produción bibliopgráfica supera as 200 referencias, entre monografías, artigos breves e outros máis en profundidade.[13][16][17][18]

Estudos célticos

[editar | editar a fonte]

Numismática

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor".
  2. Leroy, M. (1970).
  3. 3,0 3,1 "Victor Raphaël François Joseph Tourneur". Académie royale de Belgique.
  4. 4,0 4,1 4,2 De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". Páxina 331.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Claes, L. (2017). Páxinas 19-21.
  6. Leroy, M. (1970). Páxina 43.
  7. 7,0 7,1 Leroy, M. (1970). Páxina 46.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". Páxina 332.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Claes, L. (2017). Páxina 26.
  10. Leroy, M. (1970). Páxina 45.
  11. Véxase "(1940)" na sección "Publicacións".
  12. Leroy, M. (1970). Páxina 50.
  13. 13,0 13,1 De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". Páxina 334.
  14. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique
  15. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  16. Leroy, M. (1970). Páxinas 57-85.
  17. "Tourneur, Cictor (1878-1967)". BnF.
  18. "Tourneur, Victor 1878-1967". WordCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]