Infotaula de personaMichel Amandry

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1949
Francia Editar o valor em Wikidata
Director de museo
Presidente Société Française de Numismatique
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa
Educación- Universidade de Estrasburgo
- Universidade da Sorbona
Coñecido por- Publicacións numismáticas.
- Conservador e director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
Actividade
Campo de traballoNumismática e museística
Ocupaciónbibliotecario , profesor universitario , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, director de museo (1991–2013)
École pratique des hautes études, adjunct professor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPierre Amandry (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
- 1988: Premio Delapierre.
- 1993: Medalla Bjornstad.
- 1989 e 1999: Premio Allier de Hauteroche.
2001: Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito.
- 2002: Premio Duchalais.
- 2004: Medalla Huntington.
- 2004: Medalla da Royal Numismatic Society
- 2006: Premio Ya'akov Meshorer.
- 2013: Premio Jeanine el Roland Plottel.
- 2013: Cabaleiro da Orde da Lexión de Honor.
- (2017) Medalla Gunnar Holst.

Michel Amandry, nado en 1949, é un numismático francés, especializado en moeda imperial romana, que compaxinou o cargo de director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia entre 1991 e 2013, co seu labor como profesor en diversas universidades francesas.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Michel Amandry é fillo do arqueólogo Pierre Amandry. Logo da súa graduación na Universidade de Estrasburgo, en 1979 acadou na Sorbona, en París, o doutoramento en historia da arqueoloxía do antigo Mediterráneo, cunha tese sobre as emisións do diuumviro en Corinto (45 a. de C. - 69 d. de C.).[1][3]

Logo de exercer diversos traballos ingresou no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente en prácticas. En 1980 foi nomeado conservador especialista da Biblioteca e en 1992 conservador xefe. Entre 1991 e 2013 ocupou ademais na Biblioteca o posto de director do Gabiniete de Medallas, do que continúa a ser director honorario.[1][4]

Ademais de conferencias e lectorados impartidos en entidades como a Sorbona e a Escola do Louvre, Amandry foi tamén profesor visitante da American Numismatic Society e na Universidade de Oxford.[1] Tamén foi profesor de numismática na Escola Práctica de Altos Estudos de París, da que é director de estudos emérito.[5]

O seu interese como investigador céntrase na moeda e a circulación monetaria do Imperio Romano.[2]

Foi secretario da Sociedade Francesa de Arqueoloxía Clásica (1990-1998), presidente da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia (2012) e presidente do Centro de Estudos Chipriotas (1997-2002), e desde 2015 preside a Sociedade Francesa de Numismática.[1] Amandry é membro correspondente da Academia Austríaca das Ciencias, desde 2008, e do Instituto alemán de Arqueoloxía, así como dun bo número de asociaións numismáticas nacionais e internacionais, como a Sociedade Numismática de Chipre, a Sociedade Numismática de Israel, a Sociedade Real de Numismática de Bélxica, a Real Academia da Historia, de España, ou a Sociedade para a Promoción dos Estudos Romanos, do Reino Unido.[6][7][8] Entre 2003 e 2009, foi presidente do Consello Internacional de Numismática.[1][9]

Michel Amandry participou na publicación de numerosos traballos numismáticos a partir de 2003. Entre outros, foi coeditor do Survey of Numismatic Research, coautor de dous volumes de Roman Provincial Coinage e tamén coautor e editor do Dictionnaire de numismatique publicado en 2001. Foi director da Revue Numismatique e editor de Trésors Monétaires a partir de 1992. Entre 1995 e 2002, foi o responsible das Pratiques monétaires dans le monde (”Prácticas monetarias no mundo") do Centro Nacional da Investigación Científica de Francia.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2004 foi merecedor de dúas das máis prestixiosas condecoracións internacionais no ámbito da numismática: a medalla Huntington, da American Numismatic Society, e a medalla da Royal Numismatic Society.[10][11] Ademais, no seu país foi nomeado cabaleiro da Orde Nacional do Mérito (2001) e da Orde da Lexión de Honor (2013).[1][8] En Austria foi nomeado socio de honra da Sociedade Numismática Austríaca.[12]

Algúns outros dos numerosos recoñecementos de Amandry son os seguintes:[1]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Roman Provincial Coinage

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, Amandry participou no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia, do que foi o seu editor xeral, xunto con Andrew Burnett. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[18][19]

Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Amandry:[20]

Trésors monétaires

[editar | editar a fonte]

Desde 1979, o Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia publica unha serie de lribros que recolle os achados monetarios producidos en Francia. Trátase dun proxecto no que interveñen os servizos arqueolóxicos rexionais e entidades locais e provinciais de conservación[21]. Lístanse a seguir os volumes desta serie cuxo autor é Michel Amandry:

Outras publicacións

[editar | editar a fonte]

Ademais dun bo número de artigos publicados fundamentalmente en revistas do ámbito numismático, Amandry é autor de diversas monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:[22][23][24]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Numismatic Who's Who: Michel Amandry". En Coins Weekly.
  2. 2,0 2,1 "AIA Lecturer: Michel Amandry Arquivado 28 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". Archeological Institute of America.
  3. Amandry, M. (1988). Le monnayage des duovirs corinthiens. Ecole française d'Athènes. ISBN 978-2869580138
  4. Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
  5. "Michel Amandry". En Academia.
  6. "Prof. Dr. Michel Amandry Arquivado 28 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
  7. "Membership". The Israel Numismatic Society.
  8. 8,0 8,1 "Prof. Dr. Michel Amandry". Österreichische Akademie der Wissenschaften.
  9. Weiller, R.; Amandry, M. "Histoire de la Commission Internationale de Numismatique (CIN) Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Consello Internacional de Numismática.
  10. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  11. "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society.
  12. "Ehrenmitglieder". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
  13. "Palmarès 2002". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. "PRIX DUCHALAIS – Ce prix a été décerné à M. Michel AMANDRY pour son Dictionnaire de numismatique".
  14. "The Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem.
  15. Gitler, H. (2006). "Ya’akov Meshorer Numismatic Prize to Michel Amandry Arquivado 13 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". En Electronic INC News Letter. Nº 5. Outubro. Páxina 14. International Numismatic Commission.
  16. "Prix Plottel". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. "Mme Sylviane Estiot et M. Michel Amandry, pour aider les travaux qu’ils mènent sur le monnayage romain impérial [...]".
  17. "2017 års Gunnar Holst-medalj för numismatik tilldelades Michel Amandry". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Maio de 2018. Páxinas 88-90.
  18. "Team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
  19. "Project". Roman Provincial Coinage Online.
  20. "Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
  21. "De la production monétaire à l’immobilisation : les trésors monétaires". Numismatique d'Orient et d'Occident.
  22. "Amandry, Michel 1949- Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
  23. "Amandry, Michel". En WorldCat.
  24. "Michekl Amandry". En Dialnet.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Cécile Morrisson
 Director do
Gabinete de Medallas de París
 
1991-2013
Sucesor:
Frédérique Duyrat
Predecesor:
Ariane Bourgeois
 Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática
 
2015-2018
Sucesor:
Catherine Grandjean