Infotaula de personaHyacinthe Louis Rabino di Borgomale
–H. L. Rabino–
Nome orixinal(fr) Hyacinthe Louis Rabino di Borgomale Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1877
6th arrondissement of Lyon, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1950 (71 anos)
París
Francia
Datos persoais
País de nacionalidade Francia
Reino Unido Reino Unido
Actividade
Campo de traballoNumismática, diplomacia, heráldica e xenealoxía.
Ocupaciónheraldista , diplomático , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaule Pagès des Huttes.
Premios
1951: Medalla da RNS.


Hyacinthe Louis Rabino di Borgomale, nado o 27 de xullo de 1877 en Lión e finado o 26 de setembro de 1950 en París, foi un diplomático franco-británico, cónsul xeral de Inglaterra en Esmirna, no Cairo e noutros territorios, coñecido tamén polo seu labor de arqueólogo, numismático, historiador de Persia, heraldista e xenealoxista.

Traxectoria

Familia

Hyacinthe Louis era o fillo de F. Joseph Rabino di Borgomale, director xeral do Banco Imperial de Persia, procedente dunha familia orixinaria do Piemonte.[1][2]

Casou con Paule Pagès des Huttes (ca 1880-1947), filla do coronel francés R. J. Pagès des Huttes.[2]

A figura de H. L. Rabino

H. L. Rabino recibiu a súa educación de xeito privado[2] e o seu pai inculcoulle desde neno o interese polos estudos persas e de camiño colleu mestría na arte da caligrafía persa, e tamén chegou a describir a colección de moedas propiedade do banco que o seu pai dirixía.[1]

Entre 1903 e 1905 traballou na sucursal do Banco Imperial Persa e como cónsul interino en Kermanshah[2] e combinou esta actividade con actividades consulares no Kurdistán persa. Nesa época estudou a organización administrativa da zona e a realidade social e administrativa das tribos seminómades, e publicou diversos informes sobre estes aspectos.[3]

En 1906 ingresou no servizo consular británico e foi destinado a Rasht como vicecónsul (1906-1912), onde no seu tempo libre estudou a xeografía, a historia, as moedas, as inscricións e outros aspectos da cultura das provincias do Caspio. Os constantes desprazamentos deste labor inducírono a publicar diversos libros, artigos e informes coas súas impresións das viaxes e acerca da cultura e da sociedade da costa sur do Caspio. Entre 1912 e 1916 estivo destinado como vicecónsul en Mogador (Marrocos), e de 1915 a 1922 como cónsul de Casablanca. Posteriormente foi cónsul no Cairo (1922-1924), cónsul xeral en Esmirna (1924-1928), en Salónica (1928-1929)[4], no Cairo (1929-1937) e no Norte de África (1943-1945). Como colofón á súa carreira diplomática, entre 1945 e 1947 foi conselleiro na embaixada británica en París, a cargo do departamento de reclamacións de guerra.[2][5]

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas por H. L. Rabino:[7]

Numismática e sixilografía

Historia

Xenealoxía e heráldica

Notas

  1. 1,0 1,1 Minorsky, V. (1952). Páxina 180.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Rabino, H. Louis". En Who was Who. Vol. 4. 1941-1950. A & C. Black, Londres. 1967. Páxina 948.
  3. Minorsky, V. (1952). Páxinas 180-181.
  4. Mackie, C. A Directory of British Diplomats. Foreign & Commonwealth Office. Páxinas 406, 709.
  5. Minorsky, V. (1952). Páxina 181.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Rabino, Hyacinth Louis 1877-1950". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía