Christopher Evelyn Blunt, nado en Londres, Inglaterra, o 16 de xullo de 1904, e finado o 20 de novembro de 1987, foi un banqueiro e numismático británico.[1][2][3]
Blunt era o segundo fillo do reverendo Arthur Stanley Vaughan Blunt e de Hilda Violet Master. Os seus irmáns foron o escritor Wilfrid Jasper Walter Blunt e o historiador da arte e espía Anthony Frederick Blunt.[1][4][5][6]
Blunt cursou os seus estudos secundarios no Marlborough College mais, ao contrario dos seus irmáns non chegou a recibir formación universitaria. En 1924 incorporouse á compañía bancaria Higginson & Co., da que se converteu en socio en 1947.[1]
Durante a II guerra mundial, Blunt foi adscrito inicialmente ao cuartel xeral da forza expedicionaria británica e máis tarde ao cuartel xeral supremo da forza expedicionaria aliada. Blunt obtivo mencións en despachos en 1940, valorando os seus méritos en combate, e for recoñecido con diversas condecoracións, antes de retirarse da carreira militar en 1946 co rango de coronel.[1]
A figura de Blunt é moi salientable como numismático. En 1935 foi elixido director da British Numismatic Society, entidade que posteriormente presidiu entre 1946 e 1950. Do mesmo xeito, entre 1956 e 1951 ocupou o posto de presidente da Royal Numismatic Society , de Londres. [1]
Logo da súa xubilación na banca, concentrouse na súa colección de moedas e nos estudos numismáticos, centrados principalmente na moeda medieval das illas británicas e na moeda anglosaxoa. [2]Unha das súas contribucións máis sobranceiras á numismática foi a súa dedicación, como editor xeral, á obra monumental Sylloge of Coins of the British Isles, entre os anos 1956 e 1987.[1]
En 1990, o Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge, adquiriu a súa colección de 3.663 moedas anglosaxoas, moedas medievais e fichas comerciais británicas, unha das coleccións privadas máis importantes no seu xénero.[2]
No ámbito familiar, Blunt casou o 16 de outubro de 1930 con Elizabeth Rachel Bazley, con quen tivo dúas fillas (Anne Caroline e Judith Elisabeth) e un fillo (Simon Wilfrid).[1][7]
Ademais dos recoñecementos recibidos por Christopher Evelyn Blunt, a British Numismatic Society estableceu na súa honra o Premio Blunt. Trátase dun premio de periodicidade trianual outorgado individualmente a unha persoa, membro ou non da Sociedade, pola súa contribución destacada aos estudos numismáticos. O seu obxectivo é fundamentalmente apoiar os novos investigadores, motivo polo que se lles dá preferencia aos que teñan menos de 35 anos.[11]
Estes son os investigadores galardoados co Premio Blunt desde a súa creación en 1987:[11]
Predecesor: Michael Grant |
Presidente da Royal Numismatic Society 1956 - 1961 |
Sucesor: Philip Grierson |
Laureados coa Medalla Sanford Saltus | ||
---|---|---|
1910–1959 |
| |
1962–1999 |
| |
Dende 2002 |
|