Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Babelon


Infotaula de personaErnest Babelon

Ernest Babelon nun gravado de Album Mariani.

Nome orixinal(fr) Ernest Babelon Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1854 Editar o valor em Wikidata
Sarrey (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1924 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
VII Distrito de París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Director de museo Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
1892 – 1924
← Henri LavoixAdolphe Dieudonné → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Nationale des Chartes
Biblioteca Nacional de Francia (Gabinete de Medallas)
Tese académicaLes Bourgeois du roi au Moyen Âge (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNumismática, arquivística, biblioteconomía
Ocupaciónbibliotecario , arqueólogo clásico , profesor universitario , numismático , historiador da arte , historiador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1908–1924)
Bibliothèque nationale de France Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias en
Jean Babelon, Jean-Pierre Babelon
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJean Babelon Editar o valor em Wikidata
ParentesJean-Pierre Babelon (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios
Cabaleiro da Lexión de Honor (1900).
Oficial da Lexión de Onor (1921).
Medalla da Royal Numismatic Society (1899).
Medalla Huntington da American Numismatic Society (1922).
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1215644


Ernest Charles François Babelon, nado o 7 de novembro de 1854 en Sarrey, no departamento francés do Alto Marne, e finado o 3 de xaneiro de 1924 en París, foi un numismático e arqueólogo francés especializado nas civilizacións mediterráneas das antigas Grecia e Roma.[1][2][3]

Traxectoria

Logo de recibir a súa primeira educación no seminario de Langres, Ernest Babelon estudou desde 1874 a 1878 na École Nationale des Chartes para se formar como arquiveiro paleógrafo, graduación que acadou logo de presentar a súa tese Les bourgeois du roi au Moyen Âge.[4][5]

A partir de 1878 entrou a formar parte do prestixioso Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia e, xunto con Salomon Reinach, dirixiu diversas escavacións en África do Norte en 1883. En 1890 foi nomeado director adxunto do Gabinete de Medallas, como substituto de Henri Michel Lavoix, e dous anos máis tarde accedeu propiamente ao cargo de director, no que se mantivo 32 anos, ata o seu falecemento en 1924 (o seu fillo, Jean Babelon, tamén ocupou ese cargo anos máis tarde).[6]

En 1902 foi nomeado así mesmo profesor de Numismática e Glíptica, e en 1908 dirixiu o curso de Numismática antiga e medieval no Colexio de Francia. Ese mesmo ano foi nomeado presidente da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.[7]

Babelon dedicouse inicialmente aos estudos da época medieval, aínda que o seu interese se ampliou axiña á numismática antiga, terreo en que chegou a ser un erudito respectado. Paralelamente foi un especialista en linguas antigas do Oriente Medio, eido no que traballou estreitamente co seu amigo François Lenormant[8].

Deseño dunha moeda romana na obra de Ernest Babelon: Description historique et chronologique des monnaies de la République romaine vulgairement appelées monnaies consulaires[9]

A partir de 1887 foi secretario de redacción da revista Gazette Archéologique.[10]

Os seus traballos numismáticos tiveron un dobre foco: por unha banda redactou catálogos numismáticos e por outra publicou sínteses monográficas das súas propias investigacións. O seu manual tituladoTraité des monnaies grecques et romaines ("Manual das moedas gregas e romanas") quedou incompleto, do mesmo xeito que o seu corpus Recueil général des monnaies grecques d'Asie mineure ("Compilación xeral das moedas gregas da Asia Menor"), elaborado xunto con Théodore Reinach, no que sintetizou todos os obradoiros monetarios da Asia Menor.[11]

Durante a primeira Guerra Mundial foi o responsable de enviar fóra o Gabinete de Medallas os tesouros artísticos do museo para os salvagardar, e de restituílos posteriormente, logo de acabada a contenda.[12] Coa volta da paz, interveu na controversia polítia sobre o Sarre cun traballo en dous volumes sobre Roma e os xermanos titulado Le Rhin dans l'histoire ("O Rin e a historia"). Babelon foi un dos dirixentes do comité de estudos que existiu entre 1917 e 1918 e defendeu o argumento da pèrtenza de Sarre a Francia. Seguindo os postulados de Paul Vidal de la Blache.[13]

Á parte dos postos citados, Babelon foi tamén presidente da Association pour l'encouragement des études grecques en France e da Société de l'École des chartes, director da Société des antiquaires de Normandie (1905), vicepresidente da sección de arqueoloxía do Comité des travaux historiques et scientifiques, e membro da Société archéologique du département de Constantine (1905) e da Société nationale des antiquaires de France.[14]

Premios

Babelon foi distinguido en numerosas ocasións. Polo seu servizo no Gabinete de Medallas foi nomeado Cabaleiro en 1900 e en 1921 Oficial da Lexión de Honor. En 1899 foi recoñecido coa prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society de Londres, e en 1922 coa medalla na honra do filántropo norteamericano Archer M. Huntington.[15][16]

Ademais, a medalla conmemorativa do Congreso Internacional de Numismática celebrado en Bruxelas en 1910, organizado polo Consello Internacional de Numismática, estivo dedicada a Ernest Babelón, cuxo busto aparece nos seus anversos, deseñado por Devreese.[17]

Escolla de publicacións

Esta é unha selección dos traballos numismáticos máis sobranceiros de Ernest Babelón, case todos eles en materia numismática:[18][19][20]

Libros e catálogos de exposicións

Artigos

Folla inicial do artigo de Ernest Babelon "Aba de Carie". Revue des études grecques, 1888. 1. Páxinas 88-93.

Notas

  1. Ficha de Ernest Babelon. Biblioteca Nacional de Francia.
  2. "Babelon, Ernest Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En Dictionary of Art Historians.
  3. Charle, Ch.; Telkès, E. "Babelon (Ernest, Charles, François). Note biographique". En Les professeurs du Collège de France. Dictionaire biographique 1901-1939.
  4. "Babelon Ernest, Charles, François". En Dictionaire des Orientalistes de langue française.
  5. Ficha da tese de doutoramento. En Ressources numériques en histoire de l'éducation.
  6. Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
  7. "Babelon, Ernest, Charles, François Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  8. "Ernest Babelon (1854-1924) Arquivado 16 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En www.sacramoneta.com
  9. Babelon, E. Description historique et chronologique des monnaies de la République romaine vulgairement appelées monnaies consulaires, II. Paris, 1886, páxina 126 (ver en liña)
  10. Consulta en liña de Gazzette Archéologique desde 1875 a 1889.
  11. Bodenstein, Felicity. "Ernest Babelon (1854-1924) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Compte rendu 57. Consello Internacional de Numismática. 2010. Páxinas 33-38.
  12. Babelon, Ernest. "Le Cabinet des médailles pendant la guerre". Revue numismatique, 1919. Páxinas 141-162.
  13. "Paul Vidal de la Blache. Fondateur de la géographie moderne (1845-1918)". Université du Québec à Chicoutimi.
  14. "Babelon Ernest Charles François". En Comité des travaux historiques et scientifiques. Institut rattaché à l’École nationale des chartes.
  15. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  16. "Recipients of the Huntington Medal Award". Na web de American Numismatic Society.
  17. "Collection online. Museum number 2004,0506.4". The British Museum.
  18. Véxase tamén: Dieudonné, A. "L' Oeuvre numismatique d'Ernest Babelon". En Revue numismatique, 1924. Páxinas 145-204.
  19. "Babelon, Ernest". En Sénéchal, Ph.; Barbillon, C. Dictionnaire critique des historiens de l’art actifs en France de la Révolution à la Première Guerre mondiale. Institut National d'Historie de l'Art.
  20. Bibliografía de Ernest Babelon Arquivado 06 de outubro de 2018 en Wayback Machine.. En Digital Library Numis.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Henri Michel Lavoix
Director do
Gabinete de Medallas de París

1892-1924
Sucesor:
Adolphe Dieudonné