Stanley Edward Lane-Poole | |
---|---|
Datos persoais | |
Nome completo | Stanley Lane-Poole |
Nacemento | 18 de decembro de 1854 |
Lugar | ![]() ![]() |
Falecemento | 29 de decembro de 1931 (77 anos) |
Lugar | ![]() ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe | Charlotte Bell Wilson (1879). |
Actividade | |
Campo | Orientalismo, arqueoloxía e numismática |
Alma máter | Corpus Christi College |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Estudos de numismática islámica. |
Premios | 1900: Medalla da Royal Numismatic Society. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Stanley Edward Lane-Poole, nado en Londres o 18 de decembro de 1854 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1931, foi un orientalista, arqueólogo e numismático británico, especializado na moeda do mundo islámico. [1][2][3]
A súa vida profesional estivo vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[2][3]
Stanley Eduard Lane Poole naceu no distrito londiniense de Bayswater, fillo de Edward Stanley Poole e de Roberta Elizabeth Louisa Reddelien. Tratábase dunha familia cunha longa tradición de orientalistas, sinaladamente a súa avoa paterna, Sophia Lane Poole[4], o seu tío, Reginald Stuart Poole[5], e o seu avó, Edward William Lane[6].[2][7] Outro dos seus tíos foi o litógrafo e gravador vitoriano Richard James Lane.[8]
Entre 1874 e 1892 traballou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. Posteriormente desprazouse a Rusia e tamén a Exipto, en misións de investigación arqueolóxica.[3]
De 1897 a 1904 exerceu como profesor no Trinity College da Universidade de Dublín, onde ocupou a cátedra de Estudos Arábigos.[9]
En 1879 casou con Charlotte Bell Wilson, quen finou en 1905.[3] A parella tivo tres fillos e unha filla.[1][9]
Finou en Londres o 20 de decembro de 1931, aos 77 anos.[3]
Esta é unha selección dos traballos monográficos máis salientables publicados por Stanley Lane-Poole:[7][11]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stanley Lane-Poole ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Stanley Lane-Poole |