Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1861 Poznan, Polonia |
Morte | 4 de maio de 1940 Berlín Reich alemán. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Coñecido por | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático , arqueólogo , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Jena |
Influencias | |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
(1935): Medalla da Royal Numismatic Society. |
Behrendt Pick, nado o 21 de decembro de 1861 en Poznan, Reino de Prusia (actual Polonia), e finado o 4 de maio de 1940, en Berlín, foi un numismático alemán especializado na numismática antiga.[1][2]
Logo da súa graduación na ensinanza secundaria, en 1880, no instituto Friedrich Wilhelms de Poznam, Behrendt Pick ingresou na Universidade de Berlín para cursar os seus estudos superiores, grazas a unha das bolsas de estudos establecidas por Friedrich Imhoof-Blumer.[3] En 1884 graduouse en Filoloxía Clásica, cunha tese dirixida por Theodor Mommsen e titulada De senatus consultis Romanorum. A influencia de Theodor Mommsen fixo que o seu futuro como investigador se centrase fundamentalmente na numismática.[1][2]
Logo dunha breve etapa como bibliotecario na Biblioteca Real (Königliche Bibliothek), en 1888 Pick ingresou na Universidade de Zürich, onde o ano seguinte obtivo a habilitación para a docencia universitaria de Arqueoloxía. Nesa universidade foi nomeado profesor axudante de Antigüidades Romanas, Historia e Numismática en 1891.[1][2][4]
En 1893 comezou a traballar na biblioteca ducal de Gotha xestionando a colección de moedas do seu gabinete numismático (Münzkabinett), do que pasou a ocupar o posto de director en 1899.[1][2]
En 1897 ingresou como profesor asociado de Numismática Antiga na Universidade de Jena, institución na que de 1903 a 1905 se ocupou da ordenación e da catalogación dos fondos do Gabinete de Moeda Oriental de Jena.[1] En 1911, esta universidade nomeouno profesor honorario e en 1931 acabou alí o seu período como docente.[2]
A obra máis representativa de Pick é o volume dedicado a Dacia e Mesia na serie Die Antiken Münzen Nordgriechenlands (Berlín, 1898), en colaboración con Kurt Regling, unha publicación da Real Academia de Ciencias de Prusia (Königlich-Preußische Akademie der Wissenschaften), no marco do proxecto Griechisches Münzwerk, concibido por Theodor Momsen e dirixido por Friedrich Imhoof-Blumer.[1][2][5]
En 1934, Pick retirouse por mor da súa "fe mosaica". Trasladouse a Berlín, onde se suicidou en 1940.[2]
Estas son algunhas das publicacións de Pick ao longo da súa carreira académica:[7]