O Jeton de Vermeil é un premio que recoñece a consecución de logros académicos en materia numismática, outorgado anualmente pola Sociedade Francesa de Numismática a un investigador estranxeiro (non francés). Paralelamente, cada tres anos concédeselle tamén ao presidente saínte da sociedade. Durante as súas primeiras edicións coñeceuse como Medalla de Vermeil.[1][2]

Historia

[editar | editar a fonte]

Os galardoados reciben unha ficha monetiforme que foi deseñada e gravada en 1932 polo artrista Lucien Bazor, que na época era gravador xeral das moedas francesas na Monnaie de Paris.

A creación deste premio foi posible grazas ao legado de 8.000 francos (de 1926) deixado á Sociedade Francesa de Numismática polo comandante Pierre Babut no seu testamento. Babut, que faleceu o 28 de decembro de 1926, fora presidente da sociedade en dous períodos, entre 1907 e 1908, e entre 1912 e 1913, e foi un dos máis grandes coleccionistas de moedas da monarquía francesa do primeiro terzo do século XIX.

En febreiro de 1927, a sociedade cumpriu o desexo de Batut de que o seu legado fose destinado a unha medalla dedicada aos seus membros e, tras considerar varias opcións, o 4 de marzo de 1933 presentóuselles aos socios a primeira psoposta de medalla. A Sociedade decidiu daquela cuñar 100 medallas de prata e 200 de bronce e púxoas ao dispor dos seus asociados, mediante compra. A partir de aí, a Sociedade decidiu cuñar novos exemplares para os seus expresidentes e, o 3 de marzo de 1934, estableceu a súa concesión anual a un investigador numismático de nacionalidade non francesa.[2]

Entre os seus receptores están varios dos máis eminentes numismáticos europeos do século XX, como os británicos H. Mattingly (1939), R. A. G. Carson (1971), e entre eles están figuran os españois Leandre Villaronga (1977) e Pere Pau Ripollés (1998).[2]

Galardoados

[editar | editar a fonte]

Medalla de Vermeil

[editar | editar a fonte]

Jeton de Vermeil

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jeton de vermeil de la SFN". Société Française de Numismatique (SFN).
  3. "Jeton de vermeil 2015 – M. Peter Ilisch". SFN.
  4. "Jeton de vermeil 2016 – Johan van Heesch". SFN.
  5. "Jeton de vermeil 2017 – M. Jens Christian Moesgaard". SFN.
  6. "Jeton de vermeil 2018 – M. Kevin Butcher". SFN.
  7. "Jeton de vermeil 2019 – Mme Helen Wang". SFN.
  8. "Séance ordinaire de la Société française de numismatique du 5 septembre". Société française de numismatique.
  9. "Assemblée générale - 11 septembre 2021 (provisoire)". Société française de numismatique.
  10. "Assemblée générale - 5 mars 2022: Jeton de vermeil 2022". Société française de numismatique.
  11. "Jeton de vermeil 2023 – M. Abdelhamid Fenina". Société Française de Numismatique (SFN).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]