Andrzej Jan Kunisz
Datos persoais
Nacemento12 de agosto de 1932
Lugar Przemyśl.
Subcarpacia.
Polonia Polonia
Falecemento25 de novembro de 1998
Soterradosen etiquetar
NacionalidadePolaca.
CónxuxeIrena Kunisz.
Actividade
CampoNumismática e historiografía.
Alma máterUniversidade Iaguelónica de Cracovia
Director de teseJózef Wolski.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos sobre a moeda do Imperio Romano.
Premios- (1979): Cruz do mérito.
- (1979): Medalla da Comisión Nacional de Educación.
- (1989): Jeton de Vermeil (SFN).
- (1990): Cruz da Orde Polonia Restituta.
editar datos en Wikidata ]

Andrzej Jan Kunisz, nado o 12 de agosto de 1932 en Przemyśl e finado o 25 de novembro de 1998, foi un historiador, numismático e profesor universitario polaco especializado na circulación monetaria na Antiga Roma.[1]

Traxectoria

Formación

O seu pai era un soldado profesional, maior do exército polaco, que morreu en campaña en setembro de 1939.[1]

En maio de 1955 graduouse dos seus estudos superiores na Universidade Iaguelónica de Cracovia, coa especialidade de Historia Antiga.[2] A súa tese de mestrado centrouse no levantamento de Espartaco e contou coa dirección do profesor Ludwik Piotrowicz.[1]

En 1965 acadou o seu doutoramento en Humanidades, cunha tese dirixida por Józef Wolski acerca da cronoloxía da entrada de moedas da Antiga Roma na rexión histórica da Pequena Polonia, titulada Chronologia naplywu pieniadza rzymskiego na ziemie Malopolski.[1][3]

Carreira profesional

Na mesma Universidade Iaguelónica logrou a habilitación como docente en novembro de 1971, cun traballo sobre a circulación monetaria durante o Imperio Romano. En xullo de 1982 acadou a condición de profesor asociado e en xuño de 1989 a de profesor titular de Humanidades.[1]

Anteriormente, iniciara o seu labor docente como educador no Fogar Infantil Estatal de Tarnów, localidade na que tamén traballou nos seus arquivos provinciais. Así mesmo, durante un tempo traballou no departamento de numismática do Instituto de Historia da Cultura Material, da Academia de Ciencias de Polonia, en Cracovia.

En 1969 incorporouse como profesor no Instituto de Historia da Universidade de Silesia en Katowice, dentro do seu departamento de Historia Antiga e Medieval, e en 1975 converteuse en xefe dese departamento. En anos posteriores chegou a ser vicedecano da Facultade de Humanidades, e subdirector e director de Instituto de Historia.[1]

O tema central das súas investigacións foi a historia económica e monetaria do Imperio. Romano. O seu derradeiro traballo, publicado en 1998, apenas unhas semanas antes do seu pasamento, foi Wojny a pieniadz. Z badan nad obiegiem srebrnej monety na wschodnim pograniczu Imperium Rzymskiego w epoce Sewerów (193–235) ["Guerras e diñeiro: Investigación sobre a circulación da moeda de prata na fronteira oriental do Imperio Romano na época de Severo"].[1][4]

Entre outras sociedades e institucións académicas, Kunisz foi membro dos consellos directivos da Sociedade Arqueolóxica e Numismática Polaca (1975-1987), da Sociedade Histórica de Polonia (1988-1994) e do Comité de Historia Antiga da Academia de Ciencias de Polonia (1993-1995).[1][2]

A súa esposa foi Irena Kunisz, tamén historiadora formada na Universidade Iaguelónica de Cracovia.[1]

Andrzej Jan Kunisz finou o 25 de novembro de 1998 e foi soterrado no Cemiterio Central de Katowice.[5]

Recoñecementos

Publicacións

A Andrzej Kunisz débenselle máis de 160 publicacións científicas, que abranguen máis dunha ducia de traballos monográficos.[1][7]

Monografías

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Kaczanowicz, W. (1999).
  2. 2,0 2,1 "prof. zw. dr hab. Andrzej Jan Kunisz". Nauka Polska.
  3. Véxase (1969) en "Bibliografía".
  4. Véxase (1998) en "Publicacións".
  5. "Centralny Cmentarz Komunalny". mhk.katowice.pl
  6. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  7. "Kunisz, Andrzej". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía