Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1977 Verona, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italiano. |
Educación | Universidade de Padua. Universidade de Verona. |
Coñecido por | Estudos de moeda da Antiga Roma. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | arqueólogo clásico |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
(2018): Premio Lhotka (RNS). |
Dario Calomino, nado o 8 de decembro de 1977 en Verona, é un numismático e arqueólogo Italiano especializado na moeda republicana e imperial romana, e nas emisións provinciais romanas.[1]
Calamino concluíu o ensino secundario no Liceo Classico Statale Scipione Maffei, de Verona, en 1996; logo graduouse de Estudos Clásicos e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Padua, e acadou o mestrado en Arqueoloxía Romana en 2002, cun traballo sobre a romanización do Véneto. Posteriormente doutorouse en Ciencias Históricas e Antropolóxicas na Universidade de Verona en 2009, coa tese sobre as cuñaxes de Nicopolis en Epiro, dirixida por Alfredo Buonopane.[1][2][3]
Entre 2003 e 2011, Calamino traballou como investigador en diversos museos públicos italianos (Verona, Venecia, Piacenza, Rovereto, Brescia e Roma), estudando e catalogando as súas coleccións de moeda republicana e imperial romana, e de emisións provinciais romanas.[2] Entre 2012 e 2017 ingresou como investigador no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[3]
Simultaneamente, a partir de 2004 comezou a súa actividade docente como profesor axudante en materia numismática nas universidades de Padua e de Verona,[1] e no departamento de Arqueoloxía do King's College, da Universidade de Londres.[2][3]
Como arqueólogo, entre outros labores en Libia, Italia e Tunisia, participou en escavacións nos sitios arqueolóxicos-púnico-romanos de Sant'Antioco e Nora (Sardeña), na vila romana de Montegrotto Terme (Padua) e no foro romano de Grumentum (Lucania).[2][3]
Entre outras entidades asociativas e académicas, Calamino é membro da British Academy e da Royal Numismatic Society, de Londres.[2][3]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Dario Calamino ao longo da súa carreira:[5][6]