Miquel Crusafont i Sabater | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 Sabadell, España |
Datos persoais | |
Residencia | Barcelona |
País de nacionalidade | Española |
Educación | - Universidade Autónoma de Barcelona. - Universidade Politécnica de Cataluña. |
Coñecido por | Estudos de numismática medieval de Cataluña. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, historiografía, museoloxía, enxeñaría industrial |
Ocupación | historiador , arqueólogo , museólogo , enxeñeiro , numismático |
Lingua | Lingua castelá, lingua catalá e lingua francesa |
Familia | |
Pai | Miguel Crusafont-Pairó (en) |
Irmáns | Anna Crusafont Sabater (pt) |
Premios | |
- Jeton de Vermeil da Société française de numismatique (2003). - Premio Conde Garriga da Asociación Numismática Española. - Creu de Sant Jordi (2017). Membro honorario de: - Associaçao Numismática de Portugal. - Società Numismatica Sarda - Centre National de Recherche sur les Jetons et les Mereaux du Moyen Âge. | |
Lista
|
Miquel Crusafont i Sabater, nado en 1942 en Sabadell, Barcelona, enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña e doutor en Historia pola Universidade Autónoma de Barcelona, con diploma en museoloxía da Generalitat de Cataluña, foi director do Museo de Historia de Sabadell. Como historiador, investigador e coleccionista está especializado nas áreas de numismática e medallística, especialmente na moeda catalá medieval, asunto no que está considerado como un salientable especialista.[1][2][3]
En 1996 foi nomeado presidente da Societat Catalana d'Estudis Numismàtics, e tanmén se ocupou da dirección da revista Acta Numismática, o órgano de comunicación dos seus membros.
Como numismático, destaca a súa participación no programa internacional Survey of Numismatic Research, do Consello Internacional de Numismática e desenvolvido no seo dos Congresos Internacionais de Numismática, así como noutras iniciativas como Une monnaie pour l'Europe (Bruxelas), I goti (Milán) e Medieval European Coinage (Cambridge).
Crusafont publicou quince libros e máis de tres centos de artigos, especialmente sobre a historia da moeda medieval e moderna.[4]
Miquel Crusafont foi premiado en 2003 co Jeton de Vermeil pola Société Française de Numismatique (París) e en dúas ocasións co premio Conde Garriga da Asociación Numismática Española.[5]
O día 11 de abril de 2017, o Goberno da Generalitat de Catalunya concedeulle a Creu de Sant Jordi.[6]
Ademais, é membro honorario da Associaçao Numismática de Portugal (Lisboa), da Società Numismatica Sarda (Sassari) e do Centre National de Recherche sur les Jetons et les Mereaux du Moyen Âge (Versalles).[7]
Esta é unha listaxe das monografías publicadas por Miquel Crusafont, por orde cronolóxica: