O Roman Provincial Coinage (RPC) é un proxesto editorial de catalogación de moedas do Imperio Romano, iniciado en 1992, que abrangue as emisións provinciais romanas do príodo 44 a.C. - 296/7 d.C.

Este proxecto prevé a publicación de dez volumes, dos que ata 2022 se publicaron a metade.

O proxecto

[editar | editar a fonte]

Os redactores responsables deste proxecto son Andrew Burnett (Departamento de Moedas e Medallas do British Museum), Michel Amandry (Gabinete de Medallas da Bibliothèque Nationale de France), Christopher Howgego (Ashmolean Museum) e Jerome Mairat (Universidade de Oxford).[1]

O obxectivo de Roman Provincial Coinage é o rexistro, en orde cronolóxica e xeográfica, de todas as emisións provincias romanas do período entre o 44 a.C.e o 296/7 d.C., tomando como base a análise das dez coleccións numismáticas máis importantes dese xénero, denominadas no proxecto "colaccións básicas".[2]

A base de datos das moedas estudadas está dispoñible na páxina web do proxecto.[3]

Coleccións básicas

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe das dez coleccións básicas nas que se basea do RPC:[4]

Repartición da materia por volumes

[editar | editar a fonte]

Estes son os perídos que abrangue cada un dos volumes previstos e dos xa publicados:[5]

  1. Dinastía Xulio-Claudia.
  2. Dinastía Flavia.
  3. Nerva - Hadriano.
  4. Os Antoninos.
  5. Dinastía Severa.
  6. Alexandre Severo.
  7. Gordiano I - Gordiano III.
  8. Filipo o Árabe.
  9. Decio - Uranio Antonino.
  10. Valeriano - Diocleciano.

Volumes publicados

[editar | editar a fonte]

Ata 2022, publicáronse cinco dos dez volumes previstos, ademais de varios apéndices, algúns deles dispoñibles unicamente en liña:

Volumes

[editar | editar a fonte]

Suplementos

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Advisory Board". No sitio web do RPC.
  2. "Roman Provincial Coinage". School of Archaeology. University of Oxford.
  3. "Volumes". No sitio web de RPC.
  4. "Core Collection". No sitio web de RPC.
  5. "Volumes". No sitio web do RPC.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]