Infotaula de personaLeandre Villaronga
i Garriga
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1919
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 2015 (96 anos)
Barcelona
Presidente Societat Catalana d'Estudis Numismàtics
1979 – 1995 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónAutodidacta.
Coñecido porEstudos de numismática antiga da Península Ibérica.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático , coleccionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
- Jeton de Vermeil, da Société Française de Numismatique (1977).
- Doutor honoris causa pola Universidade de Colonia (1981).
- Medalla da Royal Numismatic Society (1989).
- Medalla Huntington da American Numismatic Society (1993).

BNE: XX1093420

Leandre Villaronga i Garriga, nado en Barcelona o 14 de marzo de 1919 e finado na mesma cidade o 20 de xullo de 2015, foi un investigador numismático e un prestixioso coleccionista catalán, estudoso das moedas e da circulación monetaria da Península Ibérica durante a Idade Antiga.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Villaronga dedicouse profesionalmente á pasamanaría e, dun xeito autodidacta, foise introducindo no coñecemento da numismática ata chegar a un alto grao de especialización, internacionalmente recoñecida a partir das súas publicacións. Durante os seus anos dedicados á investigación, chegou a reunir un arquivo de máis de 60.000 fichas con datos que lle permitiron catalogar, describir e situar cronoloxicamente as pezas, así como sistematizar as emisións e analizar os datos ponderais e os graos de rareza.[3]

A súa obra abrangue máis de trescentos artigos e vinte libros dedicados, na súa maior parte, á numismática antiga, terreo no que se amosou como un innovador metodolóxico e o creador dunha verdadeira escola de numismática en España.[4]

En 1970, fundou a publicación de periodicidade anual Acta Numismática, que dirixiu durante trinta e un anos. Entre 1979 e 1995 foi membro fundador e presidente da Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos, unha filial do Instituto de Estudos Cataláns, e posteriormente vicepresidente. Ademais, colaborou activamente no proxecto global Sylloge Nummorum Grecorum.[5]

Recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade de Colonia (1981). Foi membro da Comisión Internacional de Numismática (antecedente do posterior Consello Internacional de Numismática) entre os anos 1986 e 1994.[6]

A súa ampla carreira de investigación foi honrada con presitixioso premios outorgados por entidades numismáticas norteamericanas, británicas, belgas e francesas, entre os que cabe salientar o Jeton de Vermeil, da Société Française de Numismatique (1977), a medalla Huntington (1993) da American Numismatic Society e a medalla da Royal Numismatic Society (1989), de Londres.[7][8][9]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Villaronga publicou centos de artigos en revistas de ámbito numismático, entre as que se poden citar Numario Hispánico (Barcelona), Gaceta Numismática (Barcelona), Acta Numismática (Barcelona), Ampurias (Barcelona), Revue Belge de Numismatique (Bruxelas), Numismatic Chronicle (Londres), Numisma (Madrid), Archivo Español de Arqueología (Madrid), Glaux (Milán), Revue Numismatique (París), Nvmmvs (Porto), Annali dell'Istituto Italiano di Numismatica (Roma) e Saguntum (Valencia).[10]

Os seus traballos dispersos nestas e noutras revistas, actas de congresos e outras publicacións comezaron a compilarse en Obra Numismàtica Esparsa, cuxo volume I foi publicado en Barcelona en 2008 pola Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos.[11][12]

Á parte destes artigos, entre as súas monografías sobre numismática pódense salientar as seguintes:[13][14]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Obituario de Leandre Villaronga Arquivado 04 de novembro de 2018 en Wayback Machine.. Na web do Consello Internacional de Numismática.
  2. "Fallece Leandre Villaronga Arquivado 04 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Panorama Numismático.
  3. Balaguer Prunés, A. (1993).
  4. Casanova, R. "Leandre Villaronga i Garriga (1919-2015). El gran especialista en moneda antigua". En La Vanguardia, 29 de xullo de 2015.
  5. Jover, Ll. "Un professor sense càtedra". En El Punt Avui. 16 de novembro de 2015.
  6. "Leandre Villaronga i Garriga". En L'Enciclopèdia.cat. Barcelona
  7. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique.
  8. "The Society’s Medal". Na web de The Royal Numismatic Society.
  9. "Recipients of the Huntington Medal Award". Na web de American Numismatic Society.
  10. Centeno, Rui (2016).
  11. Villarnga, Leandre. Obra numismàtica esparsa: V: ulterior, Romà i varis. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. ISBN 978-8499652122
  12. Villaronga, Leandre. Obra Numismàtica Esparsa: Vol. 4. Àmbits aragonès, vascó, celtíber i occità. Ikalkusken. Institut d'Estudis Catalans. 2013. ISBN 978-8499651682
  13. Procura "Villaronga Leandre" en Todostuslibros.com
  14. Procura "Villaronga i Garriga, Leandre" en WorldCat.org.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]