Infotaula de personaParmeshwari Lal Gupta

Parmeshwari Lal Gupta
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1914
Morte29 de xullo de 2001 (86 anos)
Bombai.
Maharashtra.
India India
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia
RelixiónHinduísmo
Educación Universidade Hindí de Benarís.
Coñecido porEstudos de moeda da India.
Actividade
Campo de traballoNumismática, museoloxía e xornalismo.
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnnapurna Gupta.[1]
Premios
(1987): Medalla Huntington (ANS.


Parmeshwari Lal Gupta, nado o 24 de decembro de 1914 en Azamgarh, Uttar Pradesh, e finado o 29 de xullo de 2001 en Bombai, foi un numismático indio especializado no estudo da historia da moeda da India, sobre todo na época medieval.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos, educación e activismo

[editar | editar a fonte]

Gupta naceu en Azamgarh, unha cidade daquela encadrada nas Provincias Unidas de Agra e Oudh, da India Británica, e nesa cidade comezou o seu ensino secundario na Wesley High School, da que foi expulsado en 1930 por unirse á axitación política local. Logo de se adherir ao movemento de independencia da India uníndose ao Congreso Nacional da India, foi feito prisioneiro en varias ocasións polo Goberno británico. Nesa época exerceu tamén o xornalismo en medios locais hindis como o Aaj e o Sainik, e promoveu diversos proxectos benéficos e de xustiza social.[3][4]

O contacto con Rama Shanker Rawat, un avogado membro do Congreso Nacional da India coleccionista de moedas co que Gupta colaborou nesta década de 1930, foi o xerme do seu interese polo estudo da numismática da India.[1]

Logo da liberación do país en 1947 deixou o activismo político e retomou a súa formación, o que o levou a graduarse en Historia e Cultura da India Antiga na Universidade Hindú de Benarés.[3][4][5]

Carreira museística e numismática

[editar | editar a fonte]

Logo do seu período de estudante, Gupta traballou como conservador axudante no museo Bharat Kalabhavan, da propia Universidade Hindú de Benarés, entre 1950 e 1954. Durante este período comezou a preparar o seu doutoramento acerca das moedas contramarcadas con perforacións na antiga India,baixo a dirección do profesor V. S. Agrawala. No momento de acadar o grao de doutor, en 1960, Gupta traballaba como conservador de numismática no Museo Prince of Wales de Bombai, onde estivo en exercicio entre 1955 e 1962.[5] Ese último ano fixo unha estadía formativa no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, en Londres.[4][6]

En 1963 ingresou no Patna Museum, no Estado de Bihar, onde exerceu o posto de conservador-director ata 1972. Logo da súa xubilación estableceuse en Nasik, no Estado de Maharashtra, onde en 1980 instituíu e foi o primeiro director do Indian Institute of Research in Numismatic Studies.[4][1][6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Gupta foi nomeado membro de honra de varias sociedades e entidades numismáticas, como é o caso da Sociedade Numismática da India (1972), a Royal Numismátic Society, de Londres (1975), a Comisión Internacional de Numismática (1986) ou a Sociedade Asiática de Bombai (1993).[4][1][6]

Pola súa banda, a Sociedade Numismática do Sur da India instituíu na súa honra a medalla P. L. Gupta, para recoñecer as contribucións doutros numismáticos do país.[1]

En 1992 foi obxecto dunha publicación colectiva na súa honra baixo o título Indian numismatics, history, art, and culture: essays in the honour of Dr. P.L. Gupta.[7]

Ademais foi merecedor dos seguintes premios:[4][1][6]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Desde que en 1942 aparecera o seu primeiro artigo no Journal of the Indian Numismatic Society, Gupta foi autor dun amplo número de colaboracións e de máis dunha trintena de traballos monográficos.[6][11][2]

Escolma de monografías

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Darley, R. (2016).
  2. 2,0 2,1 "Dr. Parmeshwari Lal Gupta". APCIgroup.in
  3. 3,0 3,1 CIN (2001) Arquivado 12 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 51.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Dr. Parmeshwari Lal Gupta. Biographical sketch". APCIgroup.in
  5. 5,0 5,1 McDowall, D. W.; Savita Sharma; Sanjay Garg (1992). Indian Numismatics, History, Art and Culture. Essays in Honour of Dr. Parmeshwari Lal Gupta. Agam Kala Prakashan.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 CIN (2001) Arquivado 12 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 52.
  7. MacDowall, D. W. et al. (1992). Indian numismatics, history, art, and culture: essays in the honour of Dr. P.L. Gupta. Agam Kala Prakashan, Nova Deli.
  8. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  9. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  10. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  11. "Gupta, Parmeshwari Lal 1914-2001". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]