Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1919 Milán, Italia |
Morte | 21 de agosto de 1996 Milán Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italiana |
Coñecido por | Estudos de numismática grega e romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | historiador da antigüidade clásica , historiador , profesor universitario , numismático |
Empregador | Universidade de Pavia (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
1981: Jeton de Vermeil (SFN). | |
Gian Guido Belloni, nado en Milán o 21 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 1996, foi un historiador e numismático italiano especializado na Antigüidade romana e grega.[1]
Gian Guido Belloni naceu o 21 de setembro de 1919 en Milán.[2]
A súa carreira estivo moi vinculada ao ámbito museal. No Museo das Arte Decorativas de Milán ocupou os postos de conservador, vicedirector e, finalmente, director. Do mesmo xeito, entre 1968 e 1972 dirixiu o Museo Arqueolóxico e o Gabinete Numismático de Milán.[2]
En 1967 foi o fundador da revista Notizie dal Chiostro del Monastero Maggiore. Rassegna di studi archeologici e numismatici.[3]
A partir de 1972, a súa actividade centrouse exclusivamente no ensino universitario, logo de que en 1962 acadara a súa habilitación para a docencia de Numismática. Na Universidade de Xénova foi profesor de Numismática Antiga (1971-1980) e de Historia Romana (1980-1982). En 1982 pasou definitivamente á Universidade Católica do Sagrado Corazón, en Milán, onde xa se encargaba da materia de Numismática xa desde 1968, dado que nese ano acadou a cátedra de Antigüidade romana, que ocupou ata a súa xubilación en marzo de 1995.[3]
Os seus intereses como investigador centráronse en diversos aspectos da Antigüidade, sinaladamente na circulación monetaria na Antiga Grecia e na Antiga Roma, con algunhas incursións noutros temas como a moeda longobarda e medieval.[3]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Belloni foi membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, do Instituto Nacional de Estudos Etruscos e Itálicos, do Instituto Bonaerense de Numismática e Antigüidades, e da Sociedade Numismática Italiana, da que foi nomeado membro honorífico en 1996.[4]
En recoñecemento ás súas achegas á historia e á numismática, Gian Guido Belloni foi nomeado Cabaleiro Oficial da República e Comendador da Orde de Chipre.[4]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Gian Guido Belloni ao longo da súa traxectoria:[6][7]