Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Danesa |
Educación | Universidade de Copenhague. |
Coñecido por | Estudos sobre achados monetarios. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | escritor de non ficción , numismático , museólogo |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
2014: Medalla Holger Hede. 2017: Jeton de Vermeil. 2020: Medalla Gunnar Holst. |
Jens Christian Moesgaard, nado en 1963 en Aarhus, Xutlandia, é un numismático danés.[1][2]
Moesgaard estudou Historia na Universidade de Copenhague, onde se graduou en 1992 cunha tese acerca da política monetaria da Casa de Lancaster na Alta Normardía.[1][2][3]
Ese mesmo 1992 desprazouse a Francia para traballar nos Museos Departamentais de Seine-Maritime, en Ruán, onde se encargou das súas coleccións de moedas. En 1996 colaborou coa Asociación para as Escavacións Arqueolóxicas Nacionais (AFAN), na vila de Petit-Quevilly, próxima a Ruán, no ámbito da localización e a avaliación de achados monetarios.[1][2]
En xaneiro de 1997 foi contratado como investigador asociado polo Museo Fitzwilliam, en Cambridge, para o seu proxecto sobre achados monetarios Early Medieval Coin Finds, onde traballou xunto con Mark Blackburn; mais en maio dese mesmo ano deixou ese proxecto para entrar a formar parte do cadro científico do Museo Nacional de Copenhague, onde estivo como investigador ata 2009.[1] [2]
En marzo de 2015 foi profesor invitado na Escola Práctica de Altos Estudos de París[2], e no curso 2017-2018 acadou a bolsa de investigación Marie Sklodowska-Curie do Instituto de Estudos Avanzados do Val do Loira (Le Studium).[4]
En febreiro de 2020, Moesgaard ingresou no Instituto Numismático de Estocolmo, da Universidade de Estocolmo, onde exerce como profesor de Numismática e Historia Monetaria.[1][2]
Jens Christan Moesgaard forma parte do comité científico de diversas publicacións periódicas de carácter numismático, como Revue Numismatique ou Brussels Journal of Archaeological Numismatic, e é editor de Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad, da Unión Numismática Nórdica. Ademais, é membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca desde 2007[5] e membro honorario da Association Numismatique du Centre, de Orleáns.[1]
Estas son as monografías máis salientables publicadas por Jens-Christian Moesgaard ao longo da súa carreira:[2][9][10][11][12]