Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1945 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático , historiador , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
1996: Eligiuspreis (DNG). 2001: Jeton de Vermeil (SFN). 2007: Medalla da RNS. 2021: Medalla Eckhel (ONG). |
Wolfgang Reinhard Otto Hahn nado o 12 de marzo de 1945 no distrito bávaro de Tirschenreuth, é un numismático austríaco, profesor xubilado de numismática da Universidade de Viena.[1]
Hahn estudou Historia, Filoloxía Clásica e Numismática na Universidade de Viena. En 1969 acadou o seu doutoramento e en 1980 a súa habilitación docente na especialidade de Numismática e Historia Monetaria.
Entre 1971 e 1990 traballou na Academia Austríaca de Ciencias (Österreichische Akademie der Wissenschaften), onde salientan as súas investigacións na área dos Estudos Bizantinos.
En 1990 ingresou como profesor no Instituto de Numismática e Historia Monetaria da Universidade de Viena, conde substituíu a Robert Göbl.[2] Hahn mantivo este posto ata a súa xubilación en 2010; o seu sucesor foi Reinhard Wolters.[1]
Ademais da numismática bizantina, as súas investigacións centráronse principalmente na historia monetaria dos séculos VIII a XII na zona da Gran Baviera, así como nas cuñaxes do Reino de Axum.
Hahn foi desde 1983 membro correspondente da American Numismatic Society.
Na honra de Wolfgang Hahn, a Universidade de Viena creou a Medalla Wolfgang Hahn, outorgada polos servizos especiais ao Instituto de Numismática e Historia Monetaria.[1] A medalla foi deseñada polo artista Helmut Zobl e tanto a preparación dos cuños como a propia cuñaxe foron obra da Casa da Moeda de Austria.[8]
Estes son os investigadores galardoados coa medalla Wolfgang Hahn desde a súa creación en 2010:[9]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables da traxectoria académica de Wolfgang Hahn:[10][11][12]