Museo do Louvre
O Louvre visto dende o río Sena.
Coordenadas48°51′36.38″N 2°20′22.66″L / 48.8601056, -2.3396278
País Francia
CidadeParís
DirectorHenri Loyrette
Inauguración8 de novembro de 1793
Superficie210.000 m² (60.600 a salas de exposicións)[1]
Visitantes6.894.000 (2004)
8.300.000 (2005)
Na rede
https://www.louvre.fr/, https://www.louvre.fr/en/, https://www.louvre.fr/jp/, https://www.louvre.fr/zh-hans e https://www.louvre.fr/es
IMDB: co0630841 Facebook: museedulouvre Twitter: MuseeLouvre Instagram: museelouvre LinkedIn: musee-du-louvre Youtube: UCafm6w_rPndqAtokQy04Jdw Discogs: 5235864 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

Historia do edificio

O edificio que alberga o museo é o palacio do Louvre. A súa orixe atópase nunha fortaleza do século XII, con ampliacións renacentistas e outras máis tardías. No edificio acumulou o rei Carlos V as súas coleccións artísticas. Os posteriores monarcas Francisco I e Henrique II planearon reformas do palacio, para facer del unha verdadeira residencia real renacentista. Foi a raíña Catarina de Medici a que esbozou o proxecto que fixo do Louvre o gran palacio que é actualmente, labores que continuou Henrique IV logo das guerras de relixión. A construción do Palacio de Versalles fixo que o do Louvre quedase desocupado pola familia real, e por iso instalouse, xa no século XVIII nel a Academia Francesa primeiro, e as restantes academias despois. Alí celebráronse exposicións anuais da Academia de Pintura e Escultura.

Restos da fortaleza orixinal sobre a que se construíu o palacio

O Palacio do Louvre foi afectado por decreto de maio de 1791 a funcións artísticas e científicas, concentrándose ó ano seguinte as coleccións da coroa. Parte do Palacio do Louvre abriuse por primeira vez ó público como museo o 8 de novembro de 1793, durante a Revolución Francesa. Esta era unha solución lóxica, tendo en conta de que estaba ocupado polas academias, e porque, xa en 1778, elaborouse o proxecto de utilizar a Gran Galería como pinacoteca.

Estivo unido ó palacio das Tullerías formando un só conxunto ata 1870, cando este último foi destruído nos feitos da Comuna de París, á vez que se destruían os tesouros artísticos deste palacio.

A última remodelación foi a pirámide de cristal que serve como entrada desde 1989, deseñada por Ieoh Ming Pei.

En marzo de 2004 anunciouse unha nova ampliación deste museo. Estará dedicada á arte do islam. Para o seu deseño convocarase un concurso internacional en 2005. Espérase que esta nova sala sexa aberta ó público antes de 2009, cun investimento de 50 millóns de euros para este proxecto.

Vista panorámica do Louvre en 1908
Vista panorámica do Louvre en 2007

Coleccións

O museo do Louvre conta actualmente con diferentes coleccións de obras de arte que proveñen de civilizacións, culturas e épocas variadas. Contén arredor de 300.000 pezas, das que só 35.000 están expostas.

Cabeza de esfinxe do Serapeo de Saqqara. Época de Nectanebo I

As coleccións do Louvre proveñen de diversas orixes:

O Louvre mostra obras de arte anteriores a 1848; as obras posteriores móstranse no Museo de Orsay e a arte contemporánea no Centro Pompidou.

No Museo do Louvre atópase a máis que famosa Gioconda do non menos afamado pintor e escultor Leonardo da Vinci, así como outras obras da Arte universal coma a Venus de Milo, a Vitoria de Samotracia ou o escriba sentado. Aínda que estes feitos provocaron tensións entre os franceses e os italianos, gregos e exipcios xa que os primeiros "apoderáronse" das súas obras máis importantes.

Á parte diso tamén podemos atopar nel bastantes obras de autores moi coñecidos como poden ser Jacques-Louis David, Fragonard, Rembrandt, Rubens, Tiziano, Poussin, ata españois como Goya ou Zurbarán.

Ademais de obras de arte, o Louvre ten unha ampla colección de mobles, sendo o obxecto máis espectacular desta colección o Bureau du Roi do século XVIII, hoxe devolto ó Palacio de Versalles.

Antigüidades orientais

O departamento de antigüidades orientais conserva obxectos da rexión situada entre a actual India e o mar Mediterráneo. Desde o Neolítico, numerosas civilizacións sucedéronse nesta zona, onde se observa a aparición dunha administración política, militar e relixiosa. É igualmente o berce da escritura, que fixo aparición arredor do 3300 adC en Uruk, Mesopotamia. O museo do Louvre dispón de tres coleccións relevantes neste departamento, organizadas segundo os conxuntos xeográficos e culturais:

Arte islámica

Este departamento, creado en outono de 2003, reagrupa as coleccións que proveñen da área situada entre España e a India e datan da orixe da civilización islámica (622) ata o século XIX.

Aquí atópanse moitas xoias da arte islámica: a pyxide de al-Mughira, unha caixa de marfil do ano 968; le plat au paon, unha importante cerámica otomá, e sobre todo o Baptistère de Saint-Louis, unha das máis famosas e enigmáticas pezas desta arte, creada por Muhammad ibn al-Zayn a comezos do século XIV. Tamén é salientable o material das escavacións en Susa (Irán), nas que o museo participou.

O museo pronto tivo que dobrar o espazo dedicado á arte islámica para mostrar polo menos 3.005 obras.

Cadros destacados

Séculos XIII a XV

Renacemento: Século XVI

Século XVII

Século XVIII

Século XIX

Esculturas destacadas

O Louvre na literatura e o cine

Literatura

Cine

Notas

  1. Parisinfo

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas