Poznań (pl) ![]() | |||||
Lema | «POZnan* *Miasto know-how» (2009–2024) «Jesteś u siebie» (2024–) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Voivodato de Gran Polonia ![]() | ||||
Capital de | Condado de Poznań (pt) ![]() Poznań Voivodeship (en) ![]() Q9206114 ![]() Poznań Department (en) ![]() Grão-Ducado de Poznań (pt) ![]() Província de Posen (pt) ![]() Poznań Voivodeship (en) ![]() Reichsgau Wartheland (pt) ![]() Poznań Voivodeship (en) ![]() Poznań Voivodeship (en) ![]() Voivodato de Gran Polonia (1999–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 546.859 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 261,85 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Warta ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Comuna de Kórnik (pt) ![]() Comuna de Suchy Las (pt) ![]() Comuna de Rokietnica (pt) ![]() Comuna de Czerwonak (pt) ![]() Comuna de Swarzęd (pt) ![]() Comuna de Kleszczewo (pt) ![]() Comuna de Tarnowo Podgórne (pt) ![]() Comuna de Komorniki (pt) ![]() Comuna de Dopiewo (pt) ![]() Comuna de Mosina (pt) ![]() Luboń (pt) ![]() Condado de Poznań (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jacek Jaśkowiak (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 60-001 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 61 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Khárkiv (1998–) ![]() | ||||
Páxina web | poznan.pl ![]() |
Poznan[1][2][3] ou Poznán,[4] (en polaco Poznań, en latín: Posnania, en alemán: Posen, yiddish: פּױזן (Pojzn), tamén utilizado en ocasións festivas o seu nome histórico: Stołeczne Miasto Poznań, "Cidade capital de Poznań") é unha das máis antigas e grandes cidades polacas (quinta por poboación absoluta con 567.000 habitantes e sexta por extensión xeográfica), situada a beiras do río Varta. Capital da rexión da Gran Polonia e arquidiocese de Poznan. Poznan atópase entre Berlín (270 km) e Varsovia (300 km) e é un importante nó ferroviario e vía de comunicación por estrada no país (estradas europeas E30 e E261), posúe ademais un aeroporto internacional.
Poznan é recoñecida por ser o berce da nación polaca, por cumprir no pasado a función de capital do estado e por ser a residencia dos monarcas polacos. Polo nomeamento do presidente da nación, Lech Kaczyński, con data 11 de decembro de 2008 foi declarada, Poznan - conxunto histórico, en recordo da memoria histórica. Poznan é candidata a Capital Europea da Cultura en 2016.
Poznan é unha das cidades máis antigas da actual Polonia. É un importante centro histórico e a capital de Voivodia de Gran Polonia. Algúns historiadores pensan que foi a capital de Polonia no século X, durante o goberno dun dos primeiros knyaz de dinastía de Piastas. O territorio de influencia da cidade de Poznan recibe en polaco o nome de Poznańia, territorio que ocupa o centro-oeste da rexión chamada Gran Polonia ou (en polaco) Wielkopolska.
É un lugar hipotético do acto simbólico de bautizar a todos os polacos, cando o príncipe Mieszko I converteuse ao cristianismo. Seguramente o primeiro bispo polaco, Jordan, instalouse en Poznan, na actual Illa da Catedral coa primeira das catedrais da cidade (968).
Poznan foi a capital da rexión da Gran Polonia até que esta pasou a converterse en posesión de Prusia en 1793 coa Segunda Partición de Polonia, cando a súa área administrativa pasou a denominarse Prusia Meridional. En 1797 os límites da cidade foron ampliados para incluír os asentamentos fóra das murallas, e en 1800 anexionouse a illa de Ostrów Tumski (incluíndo a cidade separada de Chwaliszewo) e áreas sobre a beira dereita do Warta, incluíndo Śródka e as máis pequenas cidades de Ostrówek e Łacina.
Durante o Levantamento da Gran Polonia de 1806, soldados polacos e voluntarios civís colaboraron cos esforzos de Napoleón por expulsar ás forzas prusianas. A cidade converteuse en parte do Ducado de Varsovia en 1807 e capital do Departamento de Poznan. Con todo, tras o Congreso de Viena, a Gran Polonia foi devolta a Prusia, e Poznan pasou a ser a capital do autónomo Gran Ducado de Pousen. Despois das Revolucións de 1848, Poznan converteuse en capital da Provincia prusiana de Pousen. Posteriormente pasou a formar parte do Imperio Alemán coa unificación dos estados alemáns en 1871.
Trala derrota do Imperio Alemán na primeira guerra mundial, tivo lugar o Alzamento da Gran Polonia (1918-1919) que liberou a cidade así como a maior parte da Gran Polonia. Durante a Segunda República Polaca de entreguerras, foi a capital do Voivodato de Poznan. A Universidade de Poznan, agora coñecida como Universidade Adan Mickiewicz, foi fundada en 1919. Durante a segunda guerra mundial, Polonia sufriu a ocupación Nazi e a poboación foi reprimida con severidade. En 1945, Adolf Hitler declarou a cidade un Festung (un lugar fortificado no cal as forzas alemás conducisen unha última defensa). Como Poznan atópase na ruta directa entre Varsovia e Berlín, o Exército Vermello primeiro cercou para logo asaltar a defensa alemá na Batalla de Poznan, que culminou no asalto sobre a cidadela, causando graves danos á cidade. Desde o final da guerra, Poznan foi a capital da súa área circundante, a pesar de que as fronteiras administrativas foron modificadas en 1957, 1975, e 1999. Así mesmo, Poznan é actualmente a sede do Voivodato de Gran Polonia, unha das dezaseis provincias de Polonia.
As manifestacións obreiras e os combates contra as forzas de seguridade do 28 e 29 de xuño de 1956 (Protestas de Poznán de 1956) foron algúns dos acontecementos principais da historia recente de Polonia.
Poznan é un dinámico centro empresarial, académico, científico e cultural. Centro industrial (grandes empresas - Volkswagen, MAN, Unilever, Beiersdorf, Bridgestone, Imperial Tobacco, Kompania Piwowarska) e de servizos, coa anual Feira Internacional de Poznan e oitenta exposicións diversas. As feiras de mostras, xuntanzas e congresos atraen cada ano 500 mil de visitantes (o que representa 50% do mercado feiral en Polonia), garantindo á cidade o segundo lugar entre as cidades máis importantes do turismo de negocios en toda Europa Central e do Leste).
En Poznan hai oito institutos públicos de ensino superior (entre eles 4 universidades) e dezasete escolas privadas, onde estudan aproximadamente preto de 142 mil estudantes. Por cada 1000 habitantes hai 221 estudantes, o que provoca que Poznan sexa neste sentido, a primeira cidade polaca que conte coa comunidade estudantil máis extensa. O mercado de traballo é moi favorable aos cidadáns. Poznan tiña en 2009 a menor taxa de desemprego de tódalas cidades polacas (2%), e o Voivodato da Gran Polonia menos do 10%.
A festa máis importante da cidade é 11 de novembro, a festa de San Martiño. Unha das rúas máis importantes da cidade chámase "Św. Marcin" (San Martiño).
Entre as festas máis importantes destaca a Feira de San Xoán (Jarmark Swietojanski) na semana do 23 de xuño, na que se desgustan Bigos compostos de col agre, moi similar ao sauerkraut alemán e varios tipos de carnes frescas, embutidos e cogomelos.
Entre os sitios máis destacados para visitar en Poznan están:
A cidade de Poznan é un importante núcleo académico en Polonia. Hai até oito universidades públicas e dezaoito privadas. Algunhas das universidades de Poznan continúan coa longa tradición de ensino, tales como a Academia Lubranski, o Colexio Xesuíta ou a Universidade de Poznan.
Universidades públicas:
Institutos públicos científicos e investigación:
O equipo do fútbol máis importante de Poznan é o Lech Poznań, que xoga na primeira división polaca. Poznan foi unha das cidades da Eurocopa 2012. Os partidos xogáronse no Estadio Municipal de Poznań.
Outros eventos internacionais:
A cidade está irmandada con:[5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poznan ![]() |