Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.)
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

A expresión educación superior (ou ensino superior, estudos superiores) refírese ao proceso, os centros e as institucións educativas que están despois da educación secundaria ou media.

Nela pódese obter unha titulación superior (ou título superior).

Polo xeral o requisito de ingreso a calquera centro de ensino superior é ter 18 anos como mínimo, o que supón que se completaron a educación primaria e a educación secundaria antes de ingresar.

É común que existan mecanismos de selección dos postulantes baseados no rendemento escolar da secundaria ou exames de selección. Segundo o país, estes exames poden ser de ámbito estatal, local ou universitario. Noutros sistemas, non existe ningún tipo de selección.

Cómpre salientar tamén que cada vez máis institucións de ensino superior permiten, ou mesmo animan, o ingreso de persoas adultas sen que tiveran necesariamente éxito na educación secundaria; isto aplícase especialmente ás universidades abertas.

Preparación

Universidade de Cambridge.

A preparación que ofrece a educación superior é de tipo profesional ou académica. Distínguese entre estudos de pregrao, grao (carreira universitaria) e posgrao (mestrado e doutoramento) segundo o sistema de titulación profesional e graos académicos. Os establecementos de educación superior foron tradicionalmente as universidades, pero ademais considéranse outros centros educativos coma institutos, escolas profesionais ou escolas técnicas, centros de formación do profesorado, escolas ou institutos politécnicos etc. (as denominacións dependen do sistema educativo do país en particular).

Outras funcións

Unha función importante, á parte do ensino, na educación superior son as actividades de investigación nos distintos niveis do saber. Outra importante función é a que corresponde a actividades de extensión, nas que se procura a participación da poboación e vólcanse cara a ela os resultados.

Rol na sociedade

O papel xogado pola educación superior na sociedade cambia segundo a cultura do país; por exemplo, en moitos países do sur de Europa enténdese que o estudante vai á universidade para obter un diploma que lle asegurará un bo traballo, mentres que en varios países do norte de Europa o período de estudos á universidade é tamén un momento no que o estudante aprende a ser autónomo emocional e economicamente, aprende a se mesturar con xente de diferentes orixes, e se desenvolve como persoa. Nestes países, o estudante estuda nunha cidade máis ben lonxe do seu pobo natal.

En España

O ensino superior en España, o a ensinanza universitaria en España está regulada por:

Adaptación ao EEES

Por outra parte, o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que entrou en vigor o día seguinte á súa publicación no BOE, establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais concretando a progresiva harmonización dos sistemas universitarios exixida polo proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), iniciado en 1999 coa Declaración de Boloña e a conseguinte interacción operada entre tales sistemas polas diversas normativas nacionais sucesivamente promulgadas, que dotou dunha dimensión e dunha axilidade sen precedentes ao proceso de cambio emprendido polas universidades europeas. Segundo esta estrutura divídese a ensinanza universitaria en graos, mestrado (ou máster),[4] [5] e programas de doutoramento.

Os títulos oficiais de Educación Superior (incluída a formación profesional) toman como medida da carga lectiva o crédito.[6] Os créditos identifícanse coa sigla ECTS que se correspondente a European Credit Transder System (Sistema Europeo de Transferencia de Créditos) e é o sistema adoptado por todas as universidades do Espazo Europeo de Educación Superior para garantir a homoxeneidade, a calidade, a equivalencia, a transferencia e o recoñecemento dos estudos que ofrecen.[7]

Universidades

Artigo principal: Lista de universidades de España.

En Galicia

Artigo principal: Sistema Universitario de Galicia.

Formación profesional de grao superior

A Lei Orgánica 3/2020 de Educación establece que o terceiro grao da formación profesional (grao superior), que dá acceso ao título de Técnico Superior de Formación Profesional, é educación superior. Por tanto, hai títulos de educación superior non universitarios.

Artigo principal: Formación profesional.

Estrutura anterior

Antes do Real Decreto de 2007, a ensinanza universitaria organizábase da seguinte maneira:

Notas

  1. Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. Publicada no BOE núm. 307, de 24 de decembro de 2001.
  2. Ley Orgánica 4/2007, de 12 de abril, por la que se modifica la Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. Publicada no BOE núm. 89, do 13 de abril de 2007.
  3. "BOE.es - BOE-A-2020-17264 Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.". www.boe.es. Consultado o 2022-08-04. 
  4. mestrado no Dicionario da RAG.
  5. máster no Dicionario da RAG.
  6. Real Decreto 1393/2007, de 29 de octubre, por el que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales. Pubicado no BOE Núm. 260, do 30 de outubro de 2007.
  7. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2003-09-18). "Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.". pp. 34355–34356. Consultado o 2022-08-04. 
  8. "Correspondencia entre títulos Pre-Bolonia y Post-Bolonia.". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 09 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas