British Museum Catalogues of Coins (en galego: "Catálogos de Moedas do Museo Británico") é unha serie editorial concibida e iniciada por Reginald Stuart Poole, conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, entre 1870 e 1893. O obxectivo era acadar a edición de series de catálogos das coleccións de moedas do Museo Británico, con criterios académicos. O proxecto continuou logo do retiro do seu creador e mantense na actualidade, organizado, pola súa vez, en nove series.[1]

Series

[editar | editar a fonte]

Catalogue of the Greek Coins in the British Museum

[editar | editar a fonte]

O editor desta serie foi o propio Reginald Stuart Poole e contou tamén coa participación, como autores, de Percy Gardner, Barclay Vincent Head, George Francis Hill, Warwick Wroth e Edward Stanley Gotch Robinson.

Coins of the Roman Empire in the British Museum

[editar | editar a fonte]

A edición desta serie foi responsabilidade de Harold Mattingly, Robert A. G. Carson e Philip V. Hill.

Catalogue of Oriental Coins in the British Museum

[editar | editar a fonte]

Todos os catálogos desta serie fotron preparados por Stanley Lane-Poole e editados por Reginald Stuart Poole.

Catalogue of Indian coins in the British Museum

[editar | editar a fonte]

Os catálogos desta serie foron compilados por Stanley Lane-Poole, Percy Gardner, Edward J. Rapson e John Allan, e o seu editor foi Reginald Stuart Poole.[2]

Catalogue of Roman Provincial Coins

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Trátase dunha serie producida conxuntamente co Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, e os seus autores e editores son Andrew Burnett, Michel Amandry, Pere Pau Ripollès, Ian Carradice e Marguerite Spoerri.

Outros catálogos relativos a Europa (moeda antiga)

[editar | editar a fonte]

Outros catálogos relativos a Europa (moeda medieval e moderna)

[editar | editar a fonte]

Outros catálogos relativos a Asia

[editar | editar a fonte]

Outros catálogos relativos a medallas e insignias

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Hinton, M. (2011).
  2. Wang, H.; Errington, E. (2019).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]