Rivista italiana di numismatica | |
---|---|
País | Italia |
Lugar | Milán. |
Lingua | italiano. |
Especialidade | Numismática |
Abreviatura | RIN |
Fundación | 1888 |
Fundador | Francesco Gnecchi e Ercole Gnecchi. |
Primeira edición | 1888 |
Última edición | Vixente. |
Desenvolvemento | |
Editor | Società numismatica italiana |
Circulación | |
Frecuencia | Anual. |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Rivista italiana di numismatica é unha publicación peiódica de edición anual especializada en materia numismática. Trátase da revista científica italiana máis antiga das existentes na actualidade.
A Rivista italiana di numismática fundouse en 1888 da man de Ercole e de Francesco Gnecchi. O seu primeiro director foi Solone Ambrosoli, quen asumiu o posto durante os primeiros dous anos da revista[1][2] Ambrosoli foi sucedido na dirección polos fundadores, os irmáns Gnecchi, durante os seguintes vinte e oito anos. Nos anos 1918 e 1919 dirixiu a revista o numismático Lodovico Laffranchi, que lle imprimiu unha modernización e a dotou de recoñecemento internacional.[3][4]
En 1892, o grupo de numismáticos que sostiña a revista fundou a Società Numismatica Italiana e, como consecuencia, a revista constituíuse no órgano oficial da nova sociedade.[3][5]
A partir de 1979, os primeiros números da revista pasaron a estar dispoñibles en fieis reproducións dos orixinais, baixo a responsabilidade do editor Aldo Ausilio di Padova.[3]
O seu director actual é Andrea Saccocci.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rivista italiana di numismatica |