Medalla Sanford Saltus | |
---|---|
Placa co retrato de John Sanford Saltus (Metropolitan Museum of Art) | |
Outorgada pola British Numismatic Society | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos académicos de calquera país. |
Outorgada por | Contribución destacada á numismática británica. |
Descrición | - Metal: ouro. - Deseño: Frank Bowcher. - Peso: 46,49 g. - Diámetro: 44 mm. |
Estadísticas | |
Establecida | 1910 |
Primeira outorgada | 1910 (P. W. P. Carlyon-Britton) |
Última outorgada | Concesión trianual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
A Medalla John Sanford Saltus é a máxima distinción da Sociedade Británica de Numismática (British Numismatic Society). Concédese cunha periodicidade trianual para recoñecer contribucións académicas destacadas á numismática británica.[1]
Esta medalla estabeleceuse en 1910 a partir da doazón feita á Sociedade polo pintor e escultor estadounidense John Sanford Saltus (1853-1922), quen fora anteriormente o seu presidente.
Malia estar concibida inicialmente para se basear nas publicacións feitas no British Numismatic Journal, as normas foron reformuladas en 2005 para abranguer a totalidade das publicacións dun estudoso en materia de numismática británica.[2]
Trátase dunha medalla cuñada en ouro, deseñada polo artista Frank Bowcher. O seu peso é de 46,49 gramos e o seu diámetro de 44 milímetros.[3]
Laureados coa Medalla Sanford Saltus | ||
---|---|---|
1910–1959 |
| |
1962–1999 |
| |
Dende 2002 |
|