Wolfram Weiser
Datos persoais
Nacemento5 de maio de 1954
Lugar Mönchengladbach.
Renania do Norte-Westfalia.
Falecemento6 de febreiro de 2022 (67 anos))
Lugar Colonia.
Renania do Norte-Westfalia.
NacionalidadeAlemaña Alemán.
Actividade
CampoNumismática.
Alma máter Universidade de Colonia.
Director de teseReinhold Merkelbach.
Contribucións e premios
Premios1999: Premio da GIG.
editar datos en Wikidata ]

Wolfram Weiser, nado en Mönchengladbach o 5 de maio de 1954 e finado en Colonia o 6 de febreiro de 2022, foi un numismático alemán.

Traxectoria

Wolfram Weiser cursou o seu ensino secundario no Arndt-Gymnasium de Krefeld, no seu Estado natal, e logo de concluír o seu servizo militar realizou os seus estudos superiores de Historia, Economía, Latín e Grego na Universidade de Colonia. En 1982 acadou o seu doutoramento cunha tese acerca das moedas bitinias de bronce de Nikaia durante o Imperio Romano,[1] baixo a dirección de Reinhold Merkelbach.[2]

O primeiro interese das súas investigacións posteriores seguiron a ser as emisións monetarias da Asia Menor e do Oriente de fala grega na Antigüidade, aínda que tamén se ocupou intensamente na cuñaxe de moeda romana en Occidente e en diversos aspectos na numismática posterior á Antigüidade. Tamén ten varios centrados acerca das emisións do emperador Póstumo en Colonia.[1]

En 1997 foi nomeado profesor honorario de Historia Antiga, cunha énfase especial na umismática, na Universidade de Colonia.[1][2]

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Wolfram Weiser ao longo da súa carreira:[4][5][6]

Monografías

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Offermann, B.; Breternitz, P. "Prof. Dr. Wolfram Weiser verstorben". Numismatische Gesellschaft Kölner Münzfreunde. Febreiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Möller-Weiser, D. (2022).
  3. "GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  4. "Weiser, Wolfram Arquivado 12 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  5. "Weiser, Wolfram". WorldCat Identities.
  6. "Weiser, Wolfram". Regesta Imperii.

Véxase tamén

Bibliografía