Infotaula de personaAlbert Raff
Biografía
Nacemento1944
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemán
EducaciónUniversidade de Educación de Ludwigsburg.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , historiador Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Premios
(1993): Premio da GIG.
(1996): Premio literario (AINP).
(2016): Premio Von Hessenthal.

Albert Raff, nado en Pomerania en 1944, é un profesor e numismático alemán especializado nas moedas e medallas de Württemberg.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que Albert Raff naceu en Pomerania, no seo dunha familia de agricultores, cando o exército ruso matou o seu pai, a nai fuxiu con Albert e os seus dous irmáns e instaláronse no distrito de Dagerloch, en Stuttgart.[1]

Logo de completar a súa formación como impresor tipográfico en 1964 e logo graduarse na Escola Técnica Superior en 1967, Raff ingresou na Universidade de Educación de Ludwigsburg, onde se formou como mestre.[1][2]

Ata 2008 exerceu a docencia e foi directivo de varios centros educativos en Stuttgart, e en diversos momentos foi tamén asesor técnico educativo.[2]

Mais a figura de Albert Raff é salietable pola súa dedicación á numismática, área na que levou a cabo numerosas publicacións. A súa principal contribución foi a elaboración, xunto con Ulrich Klein, do catálogo das moedas e as medallas de Württemberg,[1] que se publicou en sete volumes entre 1981 e 2013.[2]

Raff é membro da Sociedade Numismática Alemá, entidade que presidiu entre 1998 e 2004, e na que presidiu o xurado do premio Eligiuspreiss.[3] Entre 1995 e 2004 foi tamén asesor da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, e tamén presidiu a Asociación Numismática de Württemberg a partir de 1982.[2]

En 2007, o medallista Peter Götz Güttler creou unha medalla na honra de Albert Raff.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Albert Raff ao longo da súa carreira:[7][8]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Sägesser, J. A. (2014).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Raff, Albert". En Coins Weekly. 3 de maio de 2017.
  3. "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
  4. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  5. "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
  6. "Mitgliederversammlung der DGO in Rastatt vom 9.–11. September 2016". Deutsche Gesellschaft für Ordenskunde
  7. "Raff, Albert". WorldCat Identities.
  8. "Albert Raff (*1944). Zusammenstellung von Schriften". Coingallery.de

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]