Infotaula de personaJoachim Weschke
Biografía
Nacemento1924.
Morte18 de marzo de 1983
Frankfurt.
Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemán.
Educación Universidade Humboldt de Berlín.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
1979: Premio da GIG.


Joachim Weschke, nado en Legnica en 1924 e finado en Frankfurt o 18 de marzo de 1983, foi un numismático alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Joachim Weschke naceu na cidade de Legnica, hoxe pertencente ao voivodato da Baixa Silesia, no suroeste da actual Polonia.[1]

Estudou Historia, Latín e Numismática na Universidade de Berlín, opnde acadou o seu doutoramento en 1955 cunha tese titulada "A moeda de ouro imperial de Alemaña na Baixa Idade Media ata 1450".[1][2]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

De 1952 a 1959 foi axudante de investigación, baixo a dirección de Arthur Suhle, no Gabinete Numismático de Berlín.[1]

En 1960 ingresou no Museo do Diñeiro do Deutsche Bundesbank, do que accedeu ao cargo de director en 1967. Como primeiro director científico desta importante institución, ampliou o Museo do Diñeiro e organizouno consonte parámetros científicos.[1]

No ámbito asociativo e institucional, Westchke foi presidente da Sociedade Numismática de Frankfurt (1973-1980) e membro da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1]

Joachim Westchke faleceu o 18 de marzo de 1983 en Frankfurt.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxeectoria de Joachim Westchke:[4]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 H. V. (1983). "Nekrologe: Joachim Weschke".
  2. Véxase (1955) en "Publicacións".
  3. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-.
  4. "Weschke, Joachim". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]