Erich B. Cahn
Datos persoais
Nome completoErich Bernhard Cahn
Nacemento24 de febreiro de 1913
Lugar Frankfurt
Alemaña Alemaña
Falecemento26 de abril de 1993 (80 anos)
Lugar Berna
Suíza Suíza
NacionalidadeAlemá (ata 1948).
Suíza (desde 1948).
Actividade
CampoNumismática.
Alma máter Universidade de Basilea.
Contribucións e premios
Premios- (1978): Premio da GIG.
- (1983): Premio Otto Paul Wenger.
editar datos en Wikidata ]

Erich Bernhard Cahn, nado o 24 de febreiro de 1913 en Frankfurt e finado o 26 de abril de 1993 en Berna, foi un numismático e comerciante de moedas alemán, nacionalizado suízo en 1948.[1][2]

Traxectoria

Erich B. Cahn proviña dunha coñecida familia de comerciantes numismáticos de Frankfurt. O seu avó, Adolph E. Cahn (1840-1918) fundara en 1874 unha tenda de moedas nesa cidade, que chegou a organizar poxas importantes.[3] O seu pai, Ludwig Theodor Cahn (1877-1924) e o seu irmán Julius Cahn (1871-1935) dirixiron conxuntamente ese negocio familiar ata despois da primeira guerra mundial.[4]

Logo dunha emigración forzada a Suíza, Eric trasladouse con outro dos seus irmáns, Herbert A. Cahn, e instaláronse en Basilea en outubro de 1933.[5] O ano seguinte, os irmáns Cahn fundaron alí a comopañía Münzhandlung Basel AG, renomeada en 1941 como Münzen und Medaillen AG, que se converteu nun dos referentes do comercio numismático a nivel mundial.[1]

Ademais do labor comercial, Erik B. Cahn foi un investigador numismático e é autor de diversos traballos monográficos acerca da historia da moeda suíza e do sur de Alemaña. En 1968 acadou o doutoramento pola Universidade de Basilea cunha tese acerca das moedas da Baviera ducal e electoral de 1506 a 1679.[1][6]

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Erich B. Cahn:[9][10]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Friedländer, U. (2003).
  2. "Cahn, Erich B.". Deutsche Biograph.
  3. "Cahn, Adolph Emil Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Encyclopedic Dictionary of Numismatic Biographies‎ . .
  4. Boer, H. (2016). 150 Jahre CAHN - die Firmengeschichte von 1863-2013.
  5. Friedländer , U. (2003). "HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse.
  6. Cahn, E. B. (1968). Bayerische Münzkataloge 6 Münzgeschichte und Münzkatalog des Herzogtums und Kurfürstentums Bayern von der Münzreform des Jahres 1506 bis zum Tode des Kurfürsten Ferdinand Maria 1679. H. Geiger, Grünwald.
  7. "GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte .
  8. "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
  9. "Cahn, Erich B.". WorldCat Identities.
  10. "Cahn, Erich Bernhard 1913-1993 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

Bibliografía