Madeirudo (Boletus edulis), fungo comestible
Rebentabois (Amanita muscaria), fungo velenoso cuxa inxestión pode producir a morte

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Terminoloxía tradicional na lexicografía galega

[editar | editar a fonte]

O que aparece no DRAG son maioritariamente expresións monolexicais para grupos supraespecíficos, tanto cultismos (amanita, cantarelo, lepiota, penicilio, volvaria e asperxilo), como máis patrimoniais (boleto, cacabina, champiñón, peido de lobo ou fungón e trufa), como un sinónimo de cada tipo (agárico ou cogorda).

Hai porén denominacións para especies, como níscaro (Lactarius deliciosus), a manita (Clavaria crispa), o carallán (Phallus impudicus), o tortullo (Tricholoma portentosum), e o chouparro, choupín ou roco (Macrolepiota procera), que pode ser cogordo ou cerrote se ten o sombreiro pechado ou patamela se está aberto.

Respecto ós fungos patóxenos que non crean cogomelos, están representados especialmente os que atacan a viña e os cereais: a mera; o oídio; o mildio; o borro; a potra; o cisco, morrión ou mourón; e o caruncho, cornizó ou dentón.

Nos outros repertorios non académicos, están entre outras moitas as seguintes locucións:

onde (DE) = Dicionário Estravíz ; (DGII) = Dicionario Galego de Ir Indo en digalego.com; e (GDXL) = Gran Dicionario Xerais da Lingua de 2000.

Locucións

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

A maioría dos refráns galegos fan referencia ó perigo que ten a inxestión de fungos se non se ten un coñecemento axeitado sobre micoloxía.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. O nome popular galego da Helvella monachela, Helvella sulcata e maila Helvella crispa é orello, a Sascosphaera coronaria é chamada cunco, e as Morchellas, son as pantorras. Este refrán fai referencia a que xa dende antigo se sabía no rural que a primeira auga destes cogomelos debíase tirar, xa que son tóxicos cando crus. Extraído de http://www.valdeorras.com/micologia Arquivado 17 de outubro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]