En micoloxía, a volva é unha membrana que envolve algúns fungos na primeira etapa do seu desenvolvemento e que, ao maduraren o aparato esporífero, creba e forma unha especie de saqueta de onde sae o pé[1]. Esta estrutura ten forma de cunca e atópase na base dos corpos frutíferos dalgúns fungos. Procede dos restos da estrutura da que provén o veo universal. Esta característica é moi importante dende o punto de vista da identificación de cogomelos bravos, por mor de que é doada de ollar.
Dende o punto de vista taxonómico tamén é relevante, xa que case sempre que aparece, significa que o fungo pertence á familia das Amanitaceae. Isto ten tamén especial importancia debido ao elevado número de especies velenosas que pertencen a esta familia.
A volva preséntase a miúdo de xeito parcial, ou completamente soterrada no chan, e por isto, cómpre comprobar a súa presenza ou ausencia co fin de identificar o cogomelo. Intentar identificar o fungo unha vez se apañe do chan, sen saber se tiña ou non volva, pode levar a un erro fatal.
Terminoloxía | |
---|---|
Especies | Agaricales (Agaricus: bóla de neve, champiñón común, fungo dos lameiros), Amanita (amanita branca, amanita dos Césares, cacaforra da morte, cacaforra dourada, francesiña, rebentabois), Boletus, cantarela, carallán, cerrote, cogomelo dos lamigueiros, cornizó, feixó do demo, fungato, matacandil, mildio, netorra, níscaro, oídio, pé azul, peido de lobo, pleuroto, ratiño, tortullo, trufa |
Taxonomía e recursos |