Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua galego-portuguesa |
Nuno Rodriguez de Candarei foi un trobador galego do século XIII, pertencente á lírica galego-portuguesa.[1][2]
Crese que pertence a unha familia con posesións en Portugal e con relacións coa coroa de Castela. É fillo de Rodrigo Pais de Candrei, documentado entre 1214 e 1230, presente na corte de Fernando III. Así mesmo, é posible que a súa irmá fose Mor Rodriguez de Candarei, esposa do nobre portugués Gomez Viegas de Basto. Estivo activo entre 1225 e 1250.[3]
Consérvanse 5 cantigas de amor, das cales dúas son de dubidosa autoría.[4]