Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua castelá |
Johan Servando foi un xograr galego da lírica galego-portuguesa, activo no terceiro cuartel do século XIII. É o autor do que máis cantigas de romaría consérvanse.[1]
Nas súas composicións canta á ermida de San Servando, polo que se pensa que podería ser de Muíños (onde hai unha capela con esa advocación no lugar de Pazos, na parroquia de Barxés)[2]. Nas súas composicións satíricas dá a entender que frecuentou a corte de Castela.[3]
É autor de 22 textos: 17 cantigas de amigo[4] (case todas elas cantigas de romería, adicadas á ermida de San Servando), 2 cantigas de amor, 3 cantigas de escarnio,[5] dúas delas contra a avaricia dun infanzón e outra contra a inexperiencia dun cabaleiro novato.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Johan Servando |