Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | trobador , xograr |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Golparro foi un xograr galego do século XIII.[1]
Golparro sería un alcume que significaría "raposo vello". Ana Isabel Boullón Agrelo sostivo que o sobrenome Golparro sería unha mestura dos termos golpe e raposo. Manuel Fernández Rodríguez atopou un documento de compra por parte do Mosteiro de Santa María Melón de 1257, no que figura como vendedor un Juan Fernández coñecido como Golparro.[2]
Pola súa obra, na que fai alusión ao santuario de San Treeçon, deduciuse que foi orixinario da zona de Tuy, onde venerábase a este santo naquela época.[3]
É autor dunha cantiga de amigo, sobre o santuario de San Treeçon, pertencente ao subxénero de cantigas de romaría.[4]