Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII Reino de Galicia |
Morte | século XIII (>1258) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Portugal |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Vasco Fernandez Praga (tamén, Vasco Fernández Praga de Sandín ou Vasco Praga) foi un trobador galego do século XIII.[1]
Descoñécese a súa data e lugar de nacemento aínda que sábese que é galego porque no Livro de Linhagens de don Pedro así o di: natural de Galliza e muy boom trovador. Crese que puido chegar a Portugal ao servizo de Gil Vásquez Soverosa. casou cunha nobre (Teresa Martins Mogudo de Sandín), debido a iso alcanzou o status de nobre. Asentouse en Vizela e viviu, polo menos, até o ano 1258.[2]
Conservamos del un total de 29 textos: 25 cantigas de amor e 4 cantigas de amigo.[3]