Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1250 ↔ 1300 Santiago de Compostela |
Morte | século XIV |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua galego-portuguesa |
Johan Airas foi un trobador galego do século XIII.
Procede dunha familia burguesa de Santiago de Compostela, segundo el mesmo manifesta nalgunha das súas composicións. Da súa obra dedúcese que estivo activo na corte de Afonso X e que tamén compuxo en tempos de Sancho IV.[1] Ten algunha composición ambientada na cidade de Santiago de Compostela.[2]
É autor de 81 textos: 21 cantigas de amor, 45 cantigas de amigo[3], 2 sirventeses morais, 10 cantigas de escarnio e maldicir e 2 tenzóns. Seu estilo literario difire do resto dos compositores de cantigas de amigo, xa que non recorre ao simbolismo típico do xénero, senón que semella buscar unha renovación empregando recursos supostamente autobiográficos e refráns populares da súa época.[3]
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Johan Airas |