Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua castelá |
Fernan do Lago foi un xograr ou trobador galego do século XIII.
Algúns investigadores sosteñen que en realidade éFernando Esquío.[1][2] No século XIII había nobres co mesmo apelido na zona de Ferrol.[3] O apelido pode indicar a súa procedencia no canto da súa liñaxe como, por exemplo, Bernal de Bonaval ou Johan de Requeixo.[4] Na súa cantiga menciona o santuario de Santa María de Lago, podendo corresponder a unha localidade da comarca do Salnés, aínda que existen varias localidades con ese topónimo tanto en Galicia como en Portugal.[5] Pola posición que ocupa nos cancioneiros o máis probable é que fose un xograr.[6] Tamén pola súa colocación nos cancioneiros é posible que estivese activo na época de Don Dinís.[7]
Consérvase unha cantiga de amigo, pertencente ao subxénero das cantigas de romaría.[8]