Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1190 Cercio |
Morte | década de 1260 (60/79 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Nuno Eanes Cerzeo, nado en Cercio (Lalín) cara a 1195 e finado cara a 1265, foi un nobre e trobador medieval, do que se conserva pouca información.
Pertenceu á familia dos Cerceo. Posuíu propiedades en Belesar e estaba vinculado co mosteiro de Oseira, onde foi soterrada a súa irmá Urraca Eanes. É autor de nove textos, oito cantigas de amor e un texto que pode clasificarse como o único exemplo de descordo da lírica galego-portuguesa, a peza ""Agora me quer’eu ja espedir".