Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII Ourense |
Morte | século XIV |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Castela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua galega |
Airas Paez (tamén Airas Pais) foi un xograr galego do século XIII.
Hai indicios de ser orixinario da provincia de Ourense[1] debido a que nalgunha composición menciona á ermida de Santa María de Reza.[2][3] Estivo activo na corte de Sancho IV.[4] Segundo António Resende de Oliveira, citando a Ramón Menéndez Pidal, tamén estivo nas cortes de Navarra e na de Aragón, xa nos primeiros anos do século XIV.[2]
É autor de catro textos: dúas cantigas de amor e dúas cantigas de amigo, ambas pertencentes ao subxénero de cantigas de romaría.[5]