Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | xograr |
Lingua | Lingua galego-portuguesa |
Nuno Porco foi un xograr galego do século XIII pertencente á lírica galego-portuguesa.[1][2]
Consideróuselle un xograr ao servizo do trobador Nuno Rodríguez de Candarei, con todo, a súa posición nos cancioneros dentro do grupo denominado xograres galegos fai supor a súa orixe galega e que estaría activo entre 1240 e 1280. Xavier Ron Fernández cre que o seu apelido puido ser Porto no canto de Porco, no entanto, o apelido Porco atopouse en documentos do mosteiro de Melón.[3] Carolina Michaelis sostivo que é un dos xograres máis antigos da lírica galego-portuguesa.[4] Pertence á xeración de xograres que contribuíron a elevar as expresións cotiás a lingua artística.[4]
Consérvanse unha cantiga de amor e unha cantiga de amigo.[5] A cantiga de amigo destaca no seu xénero.[6]