Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII Terra de Lemos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua galega |
Fernan Figueira de Lemos foi un trobador galego do século XIII. Figura na Gran Enciclopedia Galega[1] e goza de recoñecemento en Monforte de Lemos.[2][3]
Polo nome crese que naceu na terra de Lemos e procede dunha familia nobre afincada en Portugal en torno ao ano 1280, aparece nun documento de 1285 xunto cun familiar que ostentaba un cargo en Lisboa. António Resende de Oliveira sostén que pode ser a mesma persoa que tiña posesións en Vila Nova de Cerveira contra 1258.[3]
Consérvanse unha cantiga de amor e unha cantiga de amigo, ambas as recollidas no folio 15v do cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa.[4][5]