Troianos de Neptuno (selección) • 2001 QR322 • 2005 TN53 • 2007 VL305 | Plutinos • Plutón • Orcus • Ixion |
Os troianos de Neptuno son corpos que obitan arredor do Sol preto dos puntos de Lagrange estables de Neptuno. Teñen polo tanto aproximadamente o mesmo período orbital que este planeta e seguen o mesmo camiño orbital. Coñécense doce troianos de Neptuno, dos que nove orbitan preto do punto de Lagrange L4 60° adiante de Neptuno[1] e tres na rexión L5, 60° detrás do planeta.[1] Os troianos de Neptuno reciben este nome por analoxía cos troianos de Xúpiter.
O descubrimento de 2005 TN53, que ten unha grande inclinación (>25°) na súa órbita foi significativo, pois suxeriu a existencia dunha nube "grosa" de troianos[2] (os troianos de Xúpiter teñen inclinacións superiores a 40°[3]), que indica unha captura en lugar dunha formación in situ ou por colisión.[2] Sospéitase que os maiores (raio ≈ 100 km) troianos de Neptuno poden superar en número aos de Xúpiter nunha orde de magnitude.[4][5]
En 2010 anunciouse o descubrimento do primeiro troiano L5 de Neptuno coñecido, 2008 LC18.[6] Esta rexión de Neptuno é difícil de observar porque coincide coa liña de visión do centro da Vía Láctea, área con gran poboación de estrelas.
Puido ser posible para a New Horizons investigar 2011 HM102, mais non tiña suficiente largura de banda e deuse preferencia aos preparativos para sobrevoar Plutón.[7][8]
En 2001 descubriuse 2001 QR322, preto da rexión L4 de Neptuno, e con el a quinta área de poboación estable de corpos menores do Sistema Solar.[9] O descubrimento do troiano de grande inclinación 2005 TN53 en 2005 evidenciou que os troianos de Neptuno poboan nubes grosas, feito que restrinxiu as súas posibles orixes.
O 12 de agosto de 2010 anunciouse o descubrimento do primeiro troiano L5, 2008 LC18.[6] Foi descuberto por un estudo intenso que analizou rexións nas que a luz das estrelas próximas ao centro da galaxia se escurecía por nubes de po.[10] Isto suxier que os troianos L5 grandes son tan comúns como os troianos L4 grandes, o que restrinxiu máis os modelos sobre as orixes.
Tratouse de que a sonda New Horizons investigase os troianos da rexión L5 en 2014, cando atravesou esta rexión do espazo camiño de Plutón.[5] Algunhas das áreas onde a luz é escurecida por nubes de po están na traxectoria de New Horizons, permitindo a detección de obxectos que a sonda podería arquivar.[10] 2011 HM102 era suficientemente brillante para que a New Horizons o observase a finais de 2013 a unha distancia de 1.2 UA.[11] Porén, a sonda poderían non ter largo de banda abondo, polo que se decidiu dar preferencia á preparación do do voo de recoñecemento de Plutón.[7][8]
As órbitas dos troianos de Neptuno son moi estables. Neptuno puido reter posiblemente ata o 50% da poboación orixinal trala migración.[2] A rexión L5 alberga troianos tan estables como a rexión L4.[12]
A inesperada grande inclinación dos troianos é clave para entender a orixe e evolución da poboación.[12] Esta inclinación indica capturas conxeladas ou variacións deste proceso,[2][10] ou ben unha migración lenta e suave,[10] en lugar de colisións ou formación in situ, como orixe dos troianos de Neptuno.[2]
Aínda que Neptuno non pode capturar eficientemente troianos mesmo por períodos curtos,[2] espérase que ocorra a captura de centauros. Unha simulación concluíu que o 2.8% dos centauros na poboación dispersa a 34 UA sería coorbital con Neptuno. Destes, o 54% terían órbitas de ferradura, o 10% serían cuasi-satélites e o 36% serían troianos.[13]
Os primeiros catro troianos descubertos teñen cores semellantes,[2] son moderadamente vermellos, máis que os obxectos do cinto de Kuiper, máis non tanto coma os cubewanos.[2]
Os troianos de Neptuno son demasiado borrosos para observalos espectroscopicamente de xeito seguro coa tecnoloxía actual, o que quere dicir que hai unha gran variedade de composicións da superficie compatibles coas cores observadas.[2]
O número de obxectos de grande inclinación nunha mostraxe tan pequena, que é coñecida por observación de correntes de polarización,[2] implica que os troianos con grande inclinación poden superar significativamente os troianos de inclinacións baixas.[12] A razón entre os troianos de grande e de baixa inclinación estímase en 4:1.[2]
En abirl de 2015 coñecíanse trece troianos de Neptuno, dos que nove orbitan preto do punto L4 60° diante de Neptuno,[1] tres preto de L5 60° detrás de Neptuno e un no punto oposto de Neptuno (L3), mais cambia frecuentemente de localización relativa a Neptuno cara a L4 e L5.[1] A listaxe seguinte está construída a partir da lista establecida polo Minor Planet Center da IAU [1] e cos diámetros do artigo de Sheppard e Trujillo sobre 2008 LC18,[10] se non se indica outra fonte.
Designación provisional | Punto de Lagrange | Perihelio (UA) |
Afelio (UA) |
Inclinación (°) |
Magnitude absoluta | Diámetro (km) |
Ano de identificación |
Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2001 QR322 | L4 | 29.404 | 31.011 | 1.3 | 8.2 | ~140 | 2001 | Primeiro troiano de Neptuno descuberto |
2004 UP10 | L4 | 29.318 | 30.942 | 1.4 | 8.8 | ~100 | 2004 | |
2005 TN53 | L4 | 28.092 | 32.162 | 25.0 | 9.0 | ~80 | 2005 | Primeiro troiano con grande inclinación descuberto[2] |
2005 TO74 | L4 | 28.469 | 31.771 | 5.3 | 8.5 | ~100 | 2005 | |
2006 RJ103 | L4 | 29.077 | 31.014 | 8.2 | 7.5 | ~180 | 2006 | |
2007 VL305 | L4 | 28.130 | 32.028 | 28.1 | 8.0 | ~160 | 2007 | |
2008 LC18 | L5 | 27.365 | 32.479 | 27.6 | 8.4 | ~100 | 2008 | Primeiro troiano L5 descuberto[10] |
2004 KV18 | L5 | 24.553 | 35.851 | 13.6 | 8.9 | 56[14] | 2011 | |
2011 HM102 | L5 | 27.662 | 32.455 | 29.4 | 8.1 | 90–180[11] | 2012 | |
2010 EN65 | L3 | 21.109 | 40.613 | 19.2 | 6.9 | ~200 | ||
2012 UV177 | L4 | 27.806 | 32.259 | 20.8 | 9.2 | ~80[15] | ||
2014 QO441 | L4 | 26.961 | 33.215 | 18.8 | 8.2 | ~130[15] | ||
2014 QP441 | L4 | 28.022 | 32.110 | 19.4 | 9.1 | ~90[15] |
No momento da súa descuberta creuse que 2005 TN74[16] e (309239) 2007 RW10[17] eran troianos de Neptuno, mais observacións posteriores descartárono. Pénsase que 2005 TN74 é un obxecto transneptuniano resoante 3:5 con Neptuno.[18] (309239) 2007 RW10 segue un percorrido de case-satélite arredor de Neptuno.[19]
| |||||||||||||||||||||||
Obxectos hipotéticos |
| ||||||||||||||||||||||