Descubrimento e clasificación[1] | |
---|---|
Descuberto por | M. E. Brown, C. A. Trujillo, D. L. Rabinowitz(?) |
Descuberto o | 09-10-2002 |
Designación do Mpc | (84522) 2002 TC302 |
Categoría no Mpc | TNO (SDO)[2] |
Características orbitais[5] | |
Época= 23-07-2010 (2455400,5 xd) | |
Afelio | 10.752 Gm 71,870 UA (Q) |
Perihelio | 5.864,1 Gm 39,199 UA (q) |
Eixo semi-maior | 8.307,86 Gm 55,535 UA (a) |
Excentricidade | 0,29415 |
Período orbital | 151.162 d 413,86 ax |
Inclinación orbital | 34,976° |
Velocidade orbital | 3,93 km/s |
Anomalía media | 318,100° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 23,823° |
Argumento do perihelio | 85,975° |
Características físicas | |
Diámetro | 1.145 (+337 -325) km[6] <1.211 km[7] |
Período de rotación | 5,41 h[8] |
Tipo espectral | (vermello) B-V=1,03; V-R=0,67[9] |
Albedo | 0,031 (+ 0,029 - 0,012))[6] 0,051[7] |
Magnitude aparente | 20,5 (en oposición)[10] |
Magnitude absoluta | 3,78±0,53[5] |
(84522) 2002 TC302 é un grande obxecto trans-neptuniano de cor vermella, que está nunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno. Foi descuberto o 9 de outubro do ano 2002 por Mike Brown e o seu equipo, dende o observatorio de Palomar.[1] Na lista de candidatos a planeta anano do sitio web de Mike Brown, aparece con altas probabilidades de que sexa un planeta anano.[11]
2002 TC302 ten unha magnitude absoluta (H) de 3.78,[5] e o Telescopio Espacial Spitzer estimoulle un diámetro de 1145 (+ 337 - 325) km.[6] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano de maior tamaño. Con todo, Brown sinala que a medición do seu diámetro está circunscrita a un potencial grande erro, e que o obxecto podería ser menor, facendo que as posibilidades deste obxecto para acada-lo status de planeta anano, sexan "altamente probables" no canto de "practicamente seguras", sempre na opinión de Brown.[11]
O espectro vermello suxire que 2002 TC302 ten moi pouco de xeo fresco na súa superficie, iso podería explicar por que ten un albedo de 0,03, que é menor co albedo típico dos obxectos trans-neptunianos. Por exemplo, (55565) 2002 AW197 ten un albedo estimado máis grande (≈ 0,12), que da coma resultado unha brillante magnitude absoluta (H = 3,3), pero unha estimación de tamaño menor (≈ 730 km).[6] O seu período de rotación máis probable é de 5,41 h, e ten unha amplitude da curva de luz de 0,04 ± 0,01 mag.[8]
2002 TC302 acadará o seu perihelio no ano 2058.[5] O seu perihelio (a distancia mínima respecto do Sol) está a unha distancia de 39,1 UA,[5] que é a mesma distancia do semi-eixo maior (distancia media respecto do Sol) de Plutón. Está clasificado coma un obxecto do disco disperso.[2][3] Dada a longa órbita que os TNOs teñen ó redor do Sol, 2002 TC302 está en oposición a finais de outubro de cada ano, cunha magnitude aparente de 20,5.[10] Foi observado 76 veces ó longo de 9 anos.[5]
Tanto o Minor Planet Center (MPC) coma o Deep Ecliptic Survey (DES) amosan ó candidato a planeta anano cunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno.[3][4] Debido a esta resonancia, completa 2 órbitas por cada 5 órbitas de Neptuno. A partir de 2009, é o candidato a planeta anano de maior tamaño do que se ten constancia, que estea en resonancia con Neptuno e non sexa un plutino. (Os plutinos son obxectos cunha resonancia con Neptuno de 2:3. Para cada dúas órbitas que un Plutino fai, Neptuno fai 3).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: (84522) 2002 TC302 |