Animación da órbita de Hygiea en relación coas órbitas dos planetas terrestres e Xúpiter. | |
---|---|
Descubrimento e clasificación | |
Descuberto por | A. de Gasparis |
Descuberto o | 12-04-1849 |
Categoría no Mpc | Cinto de asteroides (Familia de Hygiea) |
Características orbitais[1] | |
Época= 30-11-2008 (2454800,5 xd) | |
Afelio | 524,63 Gm 3,507 UA (Q) |
Perihelio | 414,38 Gm 2,770 UA (q) |
Eixo semi-maior | 469,58 Gm 3,139 UA |
Excentricidade | 0,117 |
Período orbital | 2.031,01 d 5,56 ax |
Velocidade orbital | 16,76 km/s |
Inclinación | 3,842° |
Anomalía media | 197,96° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 283,45° |
Argumento do perihelio | 313,19° |
Características físicas | |
Tamaño | 530×407×370 km[2] 431 kms (media) |
Área superficial | 837.080,744 km2 |
Masa | 8,85 x 1019 kg[2] |
Densidade | 2,12 ± 0,11 g/cm³[2] |
Gravidade superficial | 0,091 m/s² |
Velocidade de escape | 0,21 km/s |
Período de rotación | 27,623 h[1] |
Tipo espectral | Asteroide tipo-C[1] |
Albedo | 0,0717 (albedo xeométrico)[1] |
Magnitude aparente | 9,0[5][6] a 11,97 |
Magnitude absoluta | 5,43[1] |
Temperatura superficial | ~164 K max: 247 K (−26° C) [7] |
Tamaño angular | 0,318" a 0,133" |
10 Hygiea é un asteroide do cinto de asteroides. Con diámetros ovalados de 350–500 km, e unha masa que se estima que sexa o 2,9% da masa total do cinto de asteroides,[8] é o cuarto obxecto máis notable do cinto de asteroides, tanto por tamaño coma por masa. E o asteroide máis grande dentro do asteroides do tipo-C cunha superficie carbonícea.
Aínda que é o corpo máis grande na súa área, aparece moi difuso dende a Terra, debido á súa superficie escura. Por esta razón moitos asteroides moito máis pequenos foron descubertos moito antes de que Annibale de Gasparis descubrira Hygiea o 12 de abril do ano 1849. Na maior parte das oposicións, Hygiea ten unha magnitude aparente de catros ordes máis pequena cá de Vesta, e a súa observación require dun telescopio de polo menos 100 mm (4-polgadas), cando está en oposición pero dentro do seu perihelio, pode que sexa observable cuns binoculares de 10x50.
Hygiea foi descuberta por Annibale de Gasparis o 12 de abril do ano 1849, en Nápoles, Italia.[10] Foi o primeiro dos seus nove descubrimentos de asteroides. O director do observatorio de Nápoles, Ernesto Capocci, deulle nome ó asteroide. Escolleu Igea Borbonica ("Casa dos Borbóns") en honra á familia real do reino das dúas Sicilias, ó cal pertencía naquela época Nápoles.[11]
En 1852, John Russell Hind escribiu "é universalmente coñecido coma Hygeia, o apéndice innecesario de 'Borbonica' cae obsoleto."[11] O nome quedou coma Hygieia, que procede da mitoloxía grega, onde era deusa da saúde, Filla de Asclepio (Esculapio para os romanos).[12] O nome foi a miúdo escrito coma Hygeia ó longo de século XIX, por ex. no Monthly Notices of the Royal Astronomical Society.[13]
A superficie de Hygiea está composta de materiais carboníceos primitivos semellantes ós das condritas. Produtos debidos as alteracións creadas pola presenza de auga foron detectados na súa superficie, o que indicaría a presenza de xeo de auga no pasado, o cal foi quentado o suficiente para estar fundido.[12] A composición tan antiga da superficie posiblemente é indicativa de que o fundido deste xeo debeu ocorrer nos primeiros tempos da formación do Sistema Solar,[12] en contraste con outros grandes planetesimais coma 4 Vesta.
É o membro principal da familia de Hygiea e contén case toda a masa da familia (por riba do 90%). É o asteroide máis grande do escuro de tipo-C de asteroides cunha superficie carbonícea, que é o tipo dominante na parte máis externa do cinto de asteroides—parte que está máis aló da descontinuidade de Kirkwood, a 2,82 UAs. Hygiea aparece notablemente ovalado, cun diámetro medio de 444 ± 35 km e unha taxa do eixo semi-maior de 1,11.[12] Isto é moitisimo maior que no caso dos outros tres grandes obxectos do cinto de asteroides (de entre os 'catro grandes', nos que está incluído Hygiea), o planeta anano Ceres e os asteroides 2 Pallas e 4 Vesta. Ademais de se-lo máis pequeno dos catro, outra diferenza importante cos outros tres, é que Hygiea é relativamente pouco denso, comparable coas lúas de xeo de Xúpiter ou Saturno e a diferenza en comparación cos planetas terrestres e os asteroides rochosos.
Hygiea é o obxecto máis grande da rexión, debido á súa superficie escura e á gran distancia a que está respecto do Sol, vese moi difuso cando é observado dende a Terra. De feito, é en brillo o antepenúltimo asteroide dos primeiros 23 asteroides descubertos, só 13 Egeria e 17 Thetis teñen menores magnitudes en oposición.[14] Na meirande parte das oposicións, Hygiea ten unha magnitude aparente de +10.2,[14] o cal é 4 magnitudes menos de brillo en comparación con Vesta, e a súa observación require dun telescopio de polo menos 100 mm (4-polgadas).[15] Cando está en oposición pero dentro do seu perihelio, Hygiea acada unha magnitude de +9,1[6] e pode chegar a ser observable cuns binoculares de 10x50, de xeito contrario ós seguintes dous asteroides en tamaño do cinto de asteroides, 704 Interamnia e 511 Davida, o cales están máis ala das posibilidades duns binoculares.
Polo menos foron observadas 5 ocultacións de estrelas por parte de Hygiea dende observatorios terrestres,[16] pero todas proporcionaron poucos datos e medicións, co cal non se sabe moito de como é a súa forma. O Telescopio Espacial Hubble foi capaz de ve-lo asteroide, e descarta-la posibilidade da presenza de lúas orbitando Hygiea que tivesen máis de 16 kms. de diámetro.[17]
Xeralmente as características de Hygiea son as menos coñecidas dos "catros grandes obxectos" do cinto de asteroides. A súa órbita está máis próxima ó plano da eclíptica cás de Ceres, Pallas ou Interamnia,[12] pero é menos circular cás de Ceres ou Vesta, cunha excentricidade do redor do 12%.[1] O seu perihelio é semellante en lonxitude ós de Vesta e Ceres, aínda que o seu nodo ascendente e descente son opostos ós correspondentes tanto para Vesta coma para Ceres. Subliñar que o seu perihelio é case igual á distancia media de Ceres e Pallas, unha colisión entre Hygiea e os seus compañeiros de maior tamaño é imposible, xa están sempre en lados opostos da eclíptica. Aínda que no ano 2056, Hygiea pasará a 0,025 UAs respecto de Ceres, e no 2063, Hygiea pasará a 0,020 UAs respecto de Pallas.[18] O afelio de Hygiea chega ata o bordo do cinto de asteroides, onde está o perihelio da familia de Hilda, a cal está nunha resonancia orbital de 3:2 con Xúpiter.[19]
Ten unha infrecuente rotación pola lentitude da mesma, tarda 27 horas e 37 minutos en dar unha revolución completa,[1] mentres que os obxectos grandes do cinto de asteroides usualmente teñen rotacións de entre 6 a 12 horas. A dirección de rotación aínda non foi precisada con claridade, debido a unha dobre ambigüidade nos datos da súa curva de luz, ambigüidade que por riba é exacerbada polo seu longo período de rotación, o cal fai que un telescopio terrestre só poida abarcar unha fracción dunha rotación completa nunha noite de observación, con todo pensase que é retrogrado.[12] A análise da curva de luz indica que os polos de Hygiea apuntan ás coordenadas eclípticas (β, λ) = (30°, 115°) ou (30°, 300°) cun erro estimado duns 10°.[4] Isto dálle unha oblicuidade da eclíptica de 60° para ambos casos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 10 Hygiea |