(225088) Gonggong | |
---|---|
Descubrimento e clasificación[1] | |
Descuberto polo | M. E. Schwamb M. E. Brown D. L. Rabinowitz |
Descuberto dende o | Observatorio de Palomar |
Descuberto o | 17-07-2007 anunciado: 07-01-2009 |
Designación no Mpc | (225088) 2007 OR10 |
Categoría no Mpc | SDO[2] resonancia 10:3? (DES)[3] |
Características orbitais[4] | |
Época= 08-02-2011 | |
Afelio | 100,79 UA) (Q) (15,1 Tm) |
Perihelio | 33,62 UA (q) (5,03 Tm) |
Eixo semi-maior | 67,21 UA (a) (10,054 Tm) |
Excentricidade | 0,50 |
Período orbital | 550,98 ax |
Inclinación | 30,70° |
Anomalía media | 101,0° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 336,86° |
Argumento do perihelio | 207,18° |
Características físicas | |
Diámetro | 875[5]–1400[6] km[4][7] |
Tipo espectral | vermello[8] |
Albedo | 0,15 a 0,40 (rango asumido) |
Magnitude aparente | 21,3[9] |
Magnitude absoluta | 1,7[4] |
225088 Gonggong é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano máis grandes: Mike Brown estima que ten un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar.[10] O anuncio do seu descubrimento foi feito público formalmente o 7 de xaneiro do ano 2009.[1]
O equipo de Mike Brown alcumou a este obxecto coma Brancaneves, debido ó seu gran brillo.[10] Tamén alcumado polo equipo de Brown coma o sétimo anano, despois dos descubrimentos Quaoar no 2002, Sedna no 2003, Haumea e Orcus no 2004, e Makemake e Eris no 2005. En palabras de Brown, "realmente aínda no propuxemos ningún nome para el, por que non demos cun nome con suficiente significado.[10] Actualmente é o obxecto máis grande do Sistema Solar sen nome propio.
2007 OR10 acadou o seu perihelio ó redor do ano 1856.[4] Actualmente está a unhas 86 UAs repecto do Sol.[9][11] Isto fai del o terceiro obxecto coñecido máis distante dentro do Sistema Solar, despois de Eris (97 UAs) e Sedna (88 UAs).[10] De feito, no 2013, estará máis afastado do Sol cá Sedna[11], e xa para o ano 2045, estará máis afastado do Sol cá Sedna e Eris,[12] moito máis tarde acadará o seu afelio, cara o ano 2130.[11]
Gonggong ten unha órbita semellante a do planeta anano Eris,[13] facendo del un obxecto do disco disperso.[2] Foi descuberto a través dunha procura de obxectos realizada na área que ocupaba Sedna.[14] Gonggong foi observado 46 veces, sete delas en oposición con imaxes recuperadas que nos retrotraen ó ano 1985.[4]
Erro: Cómpre especificar unha imaxe na primeira liña.
A órbita de Gonggong comparada coa órbita de Eris e Plutón]. |
O movemento preliminar de Gonggong fica nunha resonancia orbital con Neptuno de 10:3. Esta resonancia non está confirmada e podería ser unha sinxela coincidencia que estivese preto dunha resonancia.[3] |
O programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosa a súa órbita nominal en resonancia 10:3 con Neptuno.[3]
O tamaño dun obxecto depende da súa magnitude absoluta (H) e do seu albedo (a cantidade de luz cun corpo reflicte). Gonggong ten unha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto foi del un obxecto lixeiramente menos brillante cá Sedna (H=1,6; <1600 km)[15] e máis brillante cá Orcus (H=2,3; ~950 km).[16] É posible que Gonggong teña un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar (H=2,6).[10]
Gonggong é un dos obxectos trans-neptunianos máis vermellos que se coñecen.[8] Isto probablemente é debido á retención de metano.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 225088 Gonggong |
Cinto de Kuiper | |
---|---|
Disco disperso | |
Candidatos do cinto de Kuiper | |
Candidatos do Disco disperso | |
Outros candidatos | |
Véxase tamén: Tritón · Lista de obxectos trans-neptunianos · Lista de candidatos a planeta anano · Lista de obxectos do Sistema Solar · Lista de obxectos do Sistema Solar por tamaño |