O candidato a planeta anano 2002 AW197 visto polo Telescopio Espacial Spitzer o 13 de abril do 2004. | |
---|---|
Descubrimento[1] | |
Descuberto polo | Michael E. Brown, Chad Trujillo, Eleanor F. Helin, Michael Hicks, Kenneth J. Lawrence, Steven H. Pravdo |
Descuberto dende | Observatorio de Palomar |
Descuberto o | 10-01-2002 |
Designación do Mpc | (55565) 2002 AW197 |
Categoría no Mpc | Cubewano (MPC)[2] SDO (DES)[3] |
Características orbitais | |
Época= 31-12-2006 ( 2 454 100,5 xd) | |
Afelio | 8.003,964 Gm (53,503 UAs) (Q) |
Perihelio | 6.143,329 Gm (41,066 UAs) (q) |
Eixo semi-maior | 7.073,647 Gm (47,284 UAs) (a) |
Excentricidade | 0,132 |
Período orbital | 118.761,410 d (325,15 ax) |
Velocidade orbital media | 4,31 km/s |
Inclinación | 24,410° |
Anomalía media | 281,945° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 297,513° |
Argumento do perihelio | 295,307° |
Características físicas | |
Diámetro | 734(+116 -108) km[4] 700±50 km[5] |
Masa | ≈4,1 x 1020 kg[6] |
Densidade | 2.0? g/cm³ |
Gravidade superficial | 0,2216? m/s² |
Velocidade de escape | 0,4192? km/s |
Tipo espectral | moderadamente vermello, B-V=0,91, V-R=0,56[7] |
Magnitude aparente | 20,0 ( en oposición)[8][9] |
Magnitude absoluta | 3,27[10] |
Albedo | 0,117(+0,04 -0,03))[4] 0,17±0,03[5] |
Temperatura superficial | ~39–40 K |
(55565) 2002 AW197 é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto por Michael E. Brown e o seu equipo o 10 de xaneiro do ano 2002.[1] Está clasificado coma cubewano. As medicións feitas co Telescopio Espacial Spitzer confirmaron que 2002 AW197 é un fundado candidato a planeta anano. Está situado preto do Abismo de Kuiper.
As observacións da emisións termais feitas polo Spitzer Space Telescope no 2007, dánlle a este obxecto un diámetro duns 734(+116 -108) kms[4] e un albedo de 0,117(+0,04 -0,03).[4] O tamaño mínimo estimado para ser un planeta anano é duns 400 kms de diámetro.[11]
A análise do ESO do espectro electromagnético revela unha forte liña no vermello e non amosa a presenza de xeo de auga[12] (en contraste con Quaoar, que tamén é vermello) suxerindo a presenza de material orgánico.
Actualmente está a 46,5 UAs respecto do Sol[8] e acadará o seu afelio ó redor do ano 2079.[10]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: (55565) 2002 AW197 |
Cinto de Kuiper | |
---|---|
Disco disperso | |
Candidatos do cinto de Kuiper | |
Candidatos do Disco disperso | |
Outros candidatos | |
Véxase tamén: Tritón · Lista de obxectos trans-neptunianos · Lista de candidatos a planeta anano · Lista de obxectos do Sistema Solar · Lista de obxectos do Sistema Solar por tamaño |