Imaxe de Vesta tomada o 17 de xullo do 2001 pola sonda espacial Dawn (sonda espacial) dende a órbita do asteroide. | |
---|---|
Descubrimento e clasificación | |
Descuberto por | Heinrich Wilhelm Olbers |
Descuberto o | 29-03-1807 |
Categoría no Mpc | Cinto de asteroides (Familia de Vesta) |
Características orbitais[1] | |
Época= 14-05-2008 (2454600,5 dx) | |
Afelio | 384,72 Gm 2,572 UA (Q) |
Perihelio | 321,82 Gm 2,151 UA (q) |
Eixo semi-maior | 353,268 Gm 2,361 UA |
Excentricidade | 0,08917 |
Período orbital | 1.325,15 d 3,63 ax |
Velocidade orbital | 19,34 km/s |
Inclinación | 7,135° respecto da eclíptica 5,56° respecto do plano invariable[2] |
Anomalía media | 90,53° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 103,91° |
Argumento do perihelio | 149,83° |
Características físicas | |
Tamaño | 578×560×458 km[3] 529 km (media) |
Masa | 2,67 ± 0,02 x 1020 kg[4] |
Densidade | 3,42 g/cm³[4] |
Gravidade superficial | 0,22 m/s² 0,022 g |
Velocidade de escape | 0,35 km/s |
Período de rotación | 0,2226 d (5,342 h)[1][5] |
Tipo espectral | Asteroide tipo-V[1][6] |
Albedo | 0,423 (albedo xeométrico)[7] |
Magnitude aparente | 5,1[8] a 8,48 |
Magnitude absoluta | 3,20[1][7] |
Temperatura superficial | min: 85 K (−188 °C) max: 255 K (−18 °C)[9] |
Tamaño angular | 0,64" a 0,20" |
4 Vesta é un asteroide de gran tamaño (en torno ós 538 km de diámetro) descuberto por W. Olbers en 1807. É o terceiro maior asteroide do cinto de asteroides e o cuarto en ser descuberto. O seu tamaño e superficie infrecuentemente brillante fan a Vesta o asteroide máis brillante. É o único asteroide en ocasións visible a simple vista como unha estrela de 6ª magnitude.
Foi descuberto o 29 de marzo de 1807 dende Bremen polo médico e físico alemán Heinrich Wilhelm Olbers cuxas afeccións o levaron a estudar a órbita dos cometas (de feito, descubriu cinco cometas, ademais de Vesta e de 2 Pallas). Olbers bautizou ao asteroide como Vesta, a deusa virxe romana do fogar, por suxestión do matemático Carl Friedrich Gauss.
| |||||||||||||||||||||||
Obxectos hipotéticos |
| ||||||||||||||||||||||